Con motivo do día da educación , na aula de 4 anos traballamos Unha educación igualitaria para todos e todas, para nenos e nenas independentemente do noso sexo, raza, cultura ou cor .
Con motivo do día da educación , na aula de 4 anos traballamos Unha educación igualitaria para todos e todas, para nenos e nenas independentemente do noso sexo, raza, cultura ou cor .
Os cativos e cativas de 4 anos tiveron a oportunidade de falar en directo con Papa Noel por videoconferencia o xoves, 16 de decembro.
Acudiron á aula CEMIT do Concello e alí tiveron a sorte de falar co verdadeiro Papa Noel a través da pantalla posto que se atopaba no Polo Norte.
Primeiro deulles uns bos consellos aos nenos e nenas, e logo falou con cada un deles porque quixo saber que agasallos de Nadal lle pedían e que lle contasen algunas cousiñas.
Foi un día cheo de nervios e moita ilusión!
Aproveitando estos días solleiros do outono o alumnado de 4 anos convertímonos en pequen@s exploradores/as .
Saímos a poñer en pràctica todo o que estivemos aprendendo sobre esta estación. Por iso fomos quen de atopar na nosa visita a contorna follas de todas as cores outonais, landras , castañas, ourizos, piñas , dentes de león, cogomelos e mesmo peidos de lobo que fixeron que non pararamos de rir!
Unha visita chea de traballo, dun antes e un despois que resumimos así:
Os nenos e nenas de 4 anos B, fixemos unhas fermosas caixas para agochar os nosos
segredos, e decoramos as bolsas para levalas para a casa. Empregamos diferentes técnicas
guiados por Sisi, a nai da nosa compañeira Antía Vázquez.
Gracias Sisi, pola túa colaboración e polo teu tempo. Contamos contigo para o vindeiro
curso. Para ver as fotos pinchade aquí.
OS nenos e nenas de 4 anos B celebramos os cumples do 2º trimestre. Para ver as fotos pincha aquí.
Xa podedes ver as nosas fotos do antroido pinchando aquí
Para entreterte coas actividades de fantasmín pincha aquí.
Déixovos un enlace a unha interesante páxina con xogos e actividades para os máis pequenos.
Pasádeo moi ben!
Para acceder pincha aquí.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |