Hoxe comparto con vós unha fantástico conto sobre o coronavirus, diferente e divertido á vez...e o mellor de todo que é para todas as idades.
Neste conto a autora acompaña a narración con papiroflexia...
Sabedes o que é a papiroflexia?
A papiroflexia (tamén chamada origami) é unha técnica artística que consiste en dobrar un papel de distintas formas ata darlle a forma dun ser ou dun obxecto.
Dita técnica ademais de ser bonita e moi entretida, ten moitos beneficios para nós e para todas as idades:
A continuación tedes este fermoso conto, anímovos a velo e propóñovos un reto para os máis e as máis atrevidos e atrevidas....
Seriades capaces de facer o conto acompañado da papiroflexia? Os máis pequenos podedes facelo con axuda, é moi divertido facer actividades en familia.
Se vos animades non dubidedes en compartilo con nós, enviando o resultado ao correo do centro:
ceip.arzua@edu.xunta.es
Para ver o conto, fai clic na imaxe.