plan valora

Contacontos plan valora

Como xa saben os nenos e nenas do 1º ciclo pertencen ao Plan Valora. Tiveron unha actividade que eu, persoalmente creo que lles gustou moito, un contacontos chamado Fran veu a darlles unhas pequenas noción sobre o monte e o seu aproveitamento, así como tamén a aprender a non destruilo, sen el non podemos vivir.

Se queren disfrutar  vendo  como eles e elas puxeron o máximo interese pinchen aquí

100_3571.JPG

Os do 1º Ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, sí, sí facer de apicultores

Os nenos e nenas do 1º ciclo fomos de excursión ao Enredo do Abelleiro, en Dombodán, a traballar, que digo ,aprender un pouco da profesión de apicultores, para entender mellor a apicultura como aproveitamento do monte: as abelliñas pasan mil e un traballos para que nos poidamos tomar ese preciado tesouro, o mel.

Se queredes saber algo non tedes máis que preguntarnos aos nenos e nenas que para iso puxemos moito interese!

Para velo reportaxe fotográfico non tes máis que pinchar aquí

431.JPG

A rota de sendeirismo polo contorno do 1º Ciclo

O pasado trimestre o 1º Ciclo fixo sendeirismo polo contorno dentro do Plan valora e traballamos distintos aspectos.

  • Ordenación do monte
  • Limpeza do monte
  • Prevención de incendios
  • Aproveitamento do monte: Micoloxía

Se desexades ver as fotos que fixemos pincha aquí

Actividades anuais do Plan Valora

Actividades
1º trimestre
2ºtrimestre 3º trimestre
Micoloxía Apicultura Prevención de incendios
Sendeirismo Visita ó Museo da Mel Plantacións e visita ...

 

A micoloxía no cole

Coa chegada do outono comezaron a aparecer os primeiros fungos do contorno. Despois de facer varias saídas...o alumnado fixo unha recolleita das distintas especies . Mira que bonito!

micoloxia1.PNG

PLAN VALORA 2007-2009

PRESENTAMOS  os documentos máis importantes para a docencia:

1.- Fichas (1 Ciclo)

Powered by Drupal - Design by artinet