Magosto

MAGOSTO 2013

 

Xa case temos todo preparado para celebrar o magosto por todo o alto no noso colexio. Xa chegou a castañeira , este ano ataviada de loca científica, para recoller as catañas que todos e todas trouxéstedes.

Xogos tardicionais, a merendola de castañas asadas...en fin de festa en festa para pasalo ben e aprender xogando!!!!!

 

Para ver fotos pincha aquí

Magosto 2012

Este ano foi a Carapuchiña Vermella quen nos trouxo as castañas asadas para celebrar o magosto...pero non vos preocupedes, o lobo non se deixou ver!!!

Pero non so nos adicamos a comer tamén houbo tempo para os xogos tradicionais.

Preme aquí para ver algunha imaxe.

Magosto

Neste curso, no que estamos recuperando as máis vellas tradicións galegas, tamén festexamos no cole o magosto.

Un magosto no que non podemos deixar a parte os agradecementos ás familias por traernos as castañas para asar, a un antigo alumno por agasallarnos co son da súa gaita, a Confecciones Lage por prestarnos un dos seus maniquies para lucir a nosa castañeira ben fermosa e ao Concello de Arzúa por deixarnos desfrutar das súas instalacións nas que poidemos xogar á petanca e á chave. Graciñas a todos!!!!

Durante esta xornada, pasámolo en grande cos xogos populares (a ra, os aros, os bolos, a carreira de sacos, o tiro da corda, as botellas, as cadeiras musicais, as tartarugas, a petanca, a chave,...) para, posteriormente, desfrutar dunhas ricas castañas asadas.

Preme aquí para ver algunha foto do momento.

Magosto

A arte moderna estivo tamén presente na festa do magosto gracias aos nenos e nenas do cole que nos decoraron estas caixas tan modernistas!

En tempo de castañas

Estamos no mes de outubro e xa é tempo de castañas. A proba témola no cole, pois estes días estanos a visitar unha castañeira con moita arte chamada Froilana (din que veu dende terras lucenses!!)

O vindeiro venres dia 30 celebrarémolo magosto, así que Froilana está a agardar as vosas castañas para poder comelas asadiñas e quentiñas. Tampouco vos esquezades de traer cabazas, xa que se achega o Samaín ou Halloween e pode que acontezan cousas terrorificamente máxicas!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet