O día 30 de xaneiro conmemoramos no cole o día da Paz. Foi un día cargado de COR ESPERANZA onde creamos o noso propio xardín con mensaxes de paz.
Preme aquí para ver algunha imaxe
O día 30 de xaneiro conmemoramos no cole o día da Paz. Foi un día cargado de COR ESPERANZA onde creamos o noso propio xardín con mensaxes de paz.
Preme aquí para ver algunha imaxe
GHANDI APOSTOU POLA NON VIOLENCIA. O 30 DE XANEIRO FOI ASASINADO E ESA DATA FOI ESCOLLIDA POLAS NACIÓNS UNIDAS COMO DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
GHANDI É CONSIDERADO COMO MÁXIMO REPRESENTANTE DO PACIFISMO COMPROMETIDO COA LOITA DOS DEREITOS DAS PERSOAS E OS POBOS PERO UNHA LOITA POR MEDIO DE ACTUACIÓNS NON VIOLENTAS.LOITOU POLA INDEPENDENCIA DO SEU PAÍS, A INDIA, NAQUELES TEMPOS COLONIA INGLESA, TRAS MOITOS ANOS DE LOITA NON VIOLENTA POR PARTE DEL E O SEU POBO, A INDIA LOGROU A INDEPENDENCIA EN 1974.
A SÚA MENSAXE:
AMOR UNIVERSAL, NON VIOLENCIA E PAZ
O RESPECTO E AMOR É MELLOR QUE O EGOÍSMO
A NON VIOLENCIA É MELLOR QUE A VIOLENCIA
A PAZ É MELLOR QUE A GUERRA
NÓS, TÓDOLOS DÍAS NOS COMPORTAMOS DE FORMA NON VIOLENTA, RESPECTUOSA E AMABLE COAS OUTRAS PERSOAS E CON NÓS MESMOS. PREMIAMOS ESES COMPORTAMENTOS E FACEMOS QUE CADA DÍA SEXAN MÁIS
Este Nadal mergullámonos no mundo dos contos!!
Preme aquí para ver algunha imaxe do festival.
Graciñas, de novo, á ANPA "O Formento" por traernos aos Reis Magos, a Papá Noel e ao Apalpador.
Outro ano máis veu visitarnos a Bruxa Maruxa cos seus contos de medooooo, dos que sairon bruxas, cabazas,...
Preme aquí para ver algunha imaxe.
Os nenos e as nenas de infantil de do 1º ciclo de primaria despedímola ata o vindeiro Samaín, aínda que a despistada tivo que voltar ao cole porque esqueceu a súa vasoira...
Este ano foi a Carapuchiña Vermella quen nos trouxo as castañas asadas para celebrar o magosto...pero non vos preocupedes, o lobo non se deixou ver!!!
Pero non so nos adicamos a comer tamén houbo tempo para os xogos tradicionais.
Personaxes dos contos de medo viñéronnos visitar estos días ao cole porque o vindeiro martes imos celebrar o Samaín ou Halloween.
Medo, sorpresa, misterio, risa???,...esta foi a cara que lles quedou aos máis pequenos. Preme aquí e descubrirás o que viron.
Empezamos o curso con moito ritmo!!! Os mestres e mestras do Conservatorio de Música de Arzúa agasalláronnos cun concerto en directo. Nel poidemos escoitar jazz, música tradicional, e incluso algunha improvisación...mira as imaxes premendo aquí!!
Graciñas polo concerto. Agardámosvos!!!!!
Mirade que ben o pasamos no Festival de Fin de Curso, no que non quedou ninguén sen bailar e cantar!!!
Tamén se entregaron os merecidos premios aos nosos deportitas, que participaron nos XV Xogos de Primavera.
Preme aquí para ver o Festival en imaxes
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |