Con motivo da conmemoración da data de nacemento da nosa escritora, Rosalía de Castro; no noso centro fixéronse moitas actividades na semana do 20 e o 24 de febreiro:
- Mural na entrada do colexio e móbiles con carteis de Rosalía, que conteñen poemas da escritora, elaborados por todas as titorías do centro.
- Recuncho na nosa Biblioteca dedicado á escritora.
- Decoración do salón de actos do centro.
- Máscaras de Rosalía de Castro coas que se fixo unha foto colectiva no salón de actos, a tarde do 21 de febreiro, durante o acto de homenaxe. No mesmo acto recitaron poemas todas as clases e rematouse cantando todos xuntos "Adiós ríos, adiós fontes".
- Sumámonos á iniciativa da Asociación de escritores/as en lingua galega (AELG) e ademais de facer as máscaras de Rosalía, algúns nenos e nenas do colexio fixéronse unha foto con persoas maiores, portando algún verso rosaliano ou poema.
- Participamos na mañá do 23 de febreiro nun programa emitido por Radio Arzúa para recordar a figura da escritora galega.
PREME NA IMAXE SE QUERES ESCOITAR QUE BEN FALARON
Foi unha semana moi rosaliana!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2017-02-24-AUDIO-00000180.mp3 | 18.08 MB |