Neste mes, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora (8 de Marzo), no noso centro leváronse a cabo diversas actividades relacionadas coa IGUALDADE DE XÉNERO.
Elaborouse desde o Equipo de Biblioteca un panel no que se representa informacion sobre diversas mulleres que foron o referente para outras moitas mulleres no mundo. Para dito panel, e relacionando a conmemoración coa tematica central deste curso, escolleuse unha frase de Virginia Woolf:
"Non hai barreira, fechadura nin ferrollo que poidas impoñer á liberdade da miña mente"
Tamén na propia Biblioteca do centro creouse o Rincón da Igualdade, onde os alumnos e alumnas podían ler e consultar información sobre todas estas mulleres que marcaron a historia.
O alumnado de 3º de E.P, na clase de Plástica, plasmou o traballo realizado arredor deste tema nuns carteis.
E o alumnado de 6º de E.P, coa axuda do seu titor Javier, elaborou este conto, onde se representa unha historia familiar sobre a igualdade de xénero, a diversidade de familias e o acoso escolar.