Hoxe, 24 de febreiro, é a data de aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras galegas máis internacionais que soubo plasmar moi ben os sentimentos que lle espertaba a súa terra nos seus poemas.
Durante a semana, fixemos un mural común que levaba por título "Galiza no meu pensamento", onde cada curso enscribiu e ilustrou, na silueta dunha bolboreta, algúns dos seus poemas que falaban da nosa terra. Neste mural, aparece a imaxe da escritora, que deixa voar libremente o seu pensamento, como bolboretas que voan de flor en flor, bebendo do néctar das flores.
Un ano máis, quixemos rendirlle unha pequena homenaxe lendo algúns fragmentos dos seus poemas onde Rosalía enxalza a nosa terra.
O acto tivo lugar o venres, 22 de febreiro no salón de actos. Comezamos vendo un vídeo dos Bolechas onde as personaxes recitaban e cantaban diferentes poemas da escritora.
A continuación, uns representantes de cada curso subiron ao escenario a ler os seus poemas:
Tamén nos sumanmos á iniciativa que pon en marcha a Fundación de Rosalía de Castro: "Caldo de gloria" inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", de "Follas Novas", no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir, e que o consegue facendo un humilde caldo de gloria.
Por isto, o luns, 25 degustaremos no noso comedor un saboroso caldo galego na honra a esta escritora.
Os compañeiros e compañeiras de 5º B leron ese poema:
Para rematar o acto, todos e todas catamos o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" acompañados dos mestres Lois e Jose Luis e das súas guitarras.
Feliz Día de Rosalía!