DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

 

Un ano máis, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria foron os encargados/as de elaborar o mural da entrada. Fixeron este Abecedario da Paz que lles quedou tan chulo.

Foron moitas as mulleres e os homes que loitaron pola Paz Universal. E, neste día, os colexios convertémonos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Nós, aportamos o noso gran de area. Durante toda a semana estivemos traballando e concienciándonos sobre o tema e lemos contos relacionados con esta temática. A raíz disto, fixemos un mural en común que leva por título "Armas de instrución masiva" no que aprendemos que os libros son as nosas mellores ferramentas para abrir as portas a diferentes mundos, realidades, vidas...cos que aprendemos valores tan importantes como a inclusión, a tolerancia, a igualdade... que nos poden axudar a conseguir un mundo máis xusto.

                                        

O 30 de xaneiro tamén conmemoramos este Día da Paz cun acto no que elaboramos o noso Manifesto pola Paz 2019, que leva por título "Para que haxa Paz...", onde cada clase incluiu unha pequena reflexión sobre o que nos aportaron os libros que traballamos na aula. Uns representantes de cada clase foron os encargados/as de ler e poñer no mural o seu Manifesto.

 

                                                               

                                                           

 

Así quedou finalmente o mural que levaba por título "Para que haxa Paz..." :

                             

 

Para pechar o acto, gozamos cantando e interpretando todos xuntos e xuntas a canción "Chea de vida" de Guadi Galego. Con ela fixemos un esforzo acompañando a canción coa linguaxe de signos, porque hai moitas persoas que teñen que botar man desta linguaxe para comunicarse. Así queremos deixar claro que todas e todos temos cabida na familia, no colexio, na sociedade e no mundo, porque cada unha e cada un de nós aporta ALGO.

                               

E recordade: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".

 

 

MANIFESTO POLA PAZ 2019

"Para que haxa Paz..."

  • Hai que cambiar o odio por amor.

  • Temos que xogar sen pelexar e respectarnos. Xogar a Paz.

  • Non pelexamos.

  • Paz é coidar a natureza.

  • Todos/as temos que colaborar.

  • Temos que saber convivir cos demais con respecto, tolerancia e empatía.

  • Espero que nós, coma os paxaros, logremos atopar un lugar onde vivamos en Paz.
  • Todos/as debemos ser pombas da Paz. Non podemos pelexar. Debemos axudarnos. Debemos respectarnos. Temos que dicir: non ao bulling.

  • Debemos valorar aos amigos/as. Respectar as opinións. Aprender a escoitar. Cumplir coas nosas responsabilidades. Compartir as nosas cousas. Ser xenerosos/as. Esforzarnos e saber perdoar.

  • Todo o mundo terá que vivir en paz e armonía.

  • Nas nosas familias debemos loitar pola igualdade: repartindo as tarefas domésticas por igual entre os homes e as mulleres; desterrando as actitudes machistas desenvolvidas por calquera membro da familia; dispoñendo máis ou menos do mesmo tempo para descansar e facer as cousas que nos gustan a todos e a todas; participando en actividades deportivas, lúdicas e de lecer, independentemente do noso sexo.

  • Temos que respectar todas as cores de pel.

  • Nunc minerva postea palas.

Powered by Drupal - Design by artinet