Actividades Ext

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Os rapaces e rapazas de 3º e 5º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha visita a Ribeira dentro do proxecto “Ti si que es un bo peixe” que se inclúe no Programa ALIMÉNTAT-T BEN!

Realizamos diversas actividades das que aprendemos moitísimo:

En primeiro lugar, visitamos a nave de redeiros onde puidemos ver as distintas artes que montan, para que se usan e os diferentes útiles de traballo.

                           

A continuación, visitamos a máquina de xeo, un dos edificios máis importantes do porto, xa que gracias a el os compradores e pescadores poden manter o produto pesqueiro en óptimas condicións.

Logo, visitamos o porto, cun percorrido para coñecer as principais actividades pesqueiras, os distintos tipos de embarcacións, as especies que capturan, os aparellos que empregan, etc.

Tamén coñecemos  as instalación da lonxa, as salas de exposición e venda de produtos de mar, a información que proporciona o etiquetado dos produtos pesqueiros, a preparación do peixe nas naves de empresas distribuidoras, e asistimos a unha poxa ficticia.

              

Por último, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, entregóuselle a cada participante unha bolsiña coas preparacións realizadas a base de peixe, a sobremesa e a bebida. Con isto, fixeron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe adaptadas a cada idade.

  

O día rematou da mellor maneira. Xantamos á beira da praia, desfrutamos no parque e xogamos na area.

  

 

Foi unha xornada estupenda!

EXPOSICIÓN SOMOSQUEN: CIENTÍFICAS PRETO DE TI

Desde do 25 de abril e ata mediados de maio, no CEIP de Arzúa podemos desfrutar da exposición itinerante SOMOSQUEN: CIENTÍFICAS PRETO DE TI. Nos corredores do colexio e na biblioteca poden observarse os cinco paneis que conforman a exposición en favor da igualdade de xénero no eido científico e tecnolóxico.

Trátase dunha mostra que recolle o sentir de 9 investigadoras do campo da tecnoloxía en distintas fases da súa carreira, que reflexionan sobre o seu papel como mulleres e científicas do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC). 

Alumnado de Infantil 4 anos

  

 

Alumnado de Infantil 5 anos-A

  

Alumnado de 2ºB de EP

   

Nenos e nenas de 1ºA e 1º B de EP 

   

Alumnado de 3º EP

Alumnado de 6º EP 

   

  

 

ARQUEOCAMPO ARZÚA

O 4 e 5 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP do noso colexio participou nunha actividade organizada polo Concello de Arzúa que leva por nome "Arqueocampo. A verdade está no fondo". Trátase de que os nenos e nenas se tranformen en arqueólogos/as por unhas horas a través dunha simulación do traballo que desenvolve o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Este taller de arqueoloxía permite vivenciar todas as fases do traballo arqueolóxico: a escavación, o tratamento de materiais arqueolóxicos, o tratamento das mostras, a representación e o arquivo a través de actividades prácticas e dinámicas e seguindo unha metodoloxía propia dos arqueólogos/as. 

Alumnado de 4º EP

            

   

Alumnado de 5º EP

     

    

Alumnado de 6º EP

  

    

 Grazas ao Concello de Arzúa por contar con nós!! 

DÍA DO LIBRO

O Día Mundial do Libro é un evento no que se fomenta a lectura e se pon en valor a importancia da literatura.

A conmemoración desta data é un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nosos nenos e nenas como lectores e promover o amor á literatura.

O Día do Libro celébrase cada 23 de abril e escolleuse esta data clave porque garda relación co ámbito literario, pois é o día no que faleceu Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Ademais de traballar a importancia e orixe deste día, elaboramos este mural colectivo onde cada aula ilustrou e decorou un dos seus libros favoritos. Quedou así de bonito:

                             

A continuación amosamos outros traballos relacionados coa conmemoración desta data que foron realizados a nivel aula:

    

              

XOSÉ ZAPATA VISITA O NOSO COLEXIO

Hoxe Xosé Zapata, gañador do Premio Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, visitou o noso centro. 

O alumnado de 4º e 5º de E. Primaria fixo con el un percorrido pola historia do cine. Contounos que en 1895 inventouse esta arte de rexistrar fotografías e proxectalas nunha pantalla como imaxes en movemento. Aprendemos que o que estamos a ver nas imaxes é unha ilusión óptica e que para ver unha imaxe en movemento necesitamos, como mínimo, 24 fotogramas por segundo; polo que para 1 min de gravación precisamos 144O. Unha curtametraxe pode necesitar uns 20.000 fotogramas. Imaxinade o traballo que hai detrás!!

Tamén nos aclarou por que a academia do cine lle puxo o nome de Goya aos seus premios, se este señor foi un pintor. A resposta é porque os seus cadros contan tamén unha historia, só que el utiliza un só fotograma. 

  

  

 

As nenas e nenos de 4º E. Primaria fixeron estes retratos de Xosé Zapata.

 PREME AQUÍ

Ao alumnado de 6º E. Primaria proxectoulles a curtametraxe "The Monkey" e despois analizou distintos aspectos da mesma. O argumento deulle pé para falar de moitos temas, expor algún que outro dilema e facer unha pequena reflexión sobre o racismo.

Cando rematamos, fixemos unha foto con el e co Goya!!

  

Pasámolo xenial e agasallounos cun flipbook da curtametraxe "The Monkey", onde nos firmou a todas e a todos un autógrafo.

Queremos darlle as grazas a Xosé Zapata por compartir este premio con nós e transmitirnos o amor que sente polo marabilloso mundo do cine!!

NAVEGANDO POLO UNIVERSO

O pasado venres, 25 de marzo os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de asistir á actividade “Navegando polo Universo”. No propio colexio instalouse un planetario móvil onde os escolares tiveron a sorte de facer unha viaxe polo espazo e o tempo descubrindo o maravilloso mundo do Astronomía.

Este planetario recreou con total precisión o ceo nocturno desde calquer lugar da Terra e a visión do Universo desde calquer lugar do espazo.

Descubrimos entre outros conceptos: a orixe e historia da Astronomía, o Universo e a Vía Láctea,  o Sol e a vida na Terra, o Sistema Solar e os movementos da Terra e da Lúa.

Unha actividade fantástica!

 

                   

 

                                               

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado luns, 21 de marzo tivemos a sorte de asistir no noso colexio a un Taller de Primeiros Auxilios. Asistiron a esta sesión todas as aulas, polo que todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de facer as prácticas.

Unha sanitaria (mamá dun alumno do cole) e o seu compañeiro de traballo explicáronnos cales eran os pasos a seguir en caso de atoparnos nunha situación de urxencia na que haxa que chamar aos servizos médicos. Aprendemos cal é o número de teléfono, o 112, e dunha maneira moi lúdica tamén soubemos  que facer no caso de  atoparnos nunha situación así.

O máis importante se unha persoa perde o coñecemento é facerlle a reanimación cardiopulmonar (RCP) ata que veña a ambulancia e tivemos a sorte de poder practicalo nun maniquí que eles mesmos trouxeron onde se fan as prácticas.

Os máis cativos e cativas, fixeron estas prácticas nos seus propios bonecos ou peluches que trouxeron da súa casa. Foi unha experiencia fantástica onde aprendemos moitas cousas verdadeiramente interesantes e imprescindibles!

Moitas gracias a estes dous sanitarios por facelo posible e desinteresadamente.

                                             

                                                                  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA DA MULLER conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e a igualdade co home.

Os nenos e nenas do CEIP de Arzúa traballamos esta conmemoración a través da figura da artista afgá SHAMSIA HASANNI. Ela é a grafiteira e artista callejera máis coñecida de Afganistán, famosa pola súa audaz maneira de dar voz ás mulleres do seu país.

A obra desta artista céntrase en diversos temas como a guerra e a situación da muller, intentando darlle a esta unha cara de poder, ambición e vontade para alcanzar as súas metas.

Fixemos un mural colectivo onde cada aula ilustrou e lle puxo un lema a un dos seus grafitis:

                                

 

 

Ademais, cada aula elaborou estes outros traballos relacionados con esta conmemoración:

 

   

 

                                                

 

  

                                                                      

 

 

 

 

 Vídeo do alumnado de 4 anos

 

 

ENTROIDO 2022

          Así de ben o pasamos o venres, 25 de febreiro celebrando o Entroido e degustando doces típicos destas datas cun chocolatiño ben quentiño! 

 

   

 

 

 

   

     

                                        

 

                                           

 

 

FELIZ ENTROIDO!

ENTROIDO 2022

                                                                

 

                                           

 

FELIZ ENTROIDO!

Powered by Drupal - Design by artinet