O pasado luns, 21 de marzo tivemos a sorte de asistir no noso colexio a un Taller de Primeiros Auxilios. Asistiron a esta sesión todas as aulas, polo que todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de facer as prácticas.
Unha sanitaria (mamá dun alumno do cole) e o seu compañeiro de traballo explicáronnos cales eran os pasos a seguir en caso de atoparnos nunha situación de urxencia na que haxa que chamar aos servizos médicos. Aprendemos cal é o número de teléfono, o 112, e dunha maneira moi lúdica tamén soubemos que facer no caso de atoparnos nunha situación así.
O máis importante se unha persoa perde o coñecemento é facerlle a reanimación cardiopulmonar (RCP) ata que veña a ambulancia e tivemos a sorte de poder practicalo nun maniquí que eles mesmos trouxeron onde se fan as prácticas.
Os máis cativos e cativas, fixeron estas prácticas nos seus propios bonecos ou peluches que trouxeron da súa casa. Foi unha experiencia fantástica onde aprendemos moitas cousas verdadeiramente interesantes e imprescindibles!
Moitas gracias a estes dous sanitarios por facelo posible e desinteresadamente.