TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Os rapaces e rapazas de 3º e 5º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha visita a Ribeira dentro do proxecto “Ti si que es un bo peixe” que se inclúe no Programa ALIMÉNTAT-T BEN!

Realizamos diversas actividades das que aprendemos moitísimo:

En primeiro lugar, visitamos a nave de redeiros onde puidemos ver as distintas artes que montan, para que se usan e os diferentes útiles de traballo.

                           

A continuación, visitamos a máquina de xeo, un dos edificios máis importantes do porto, xa que gracias a el os compradores e pescadores poden manter o produto pesqueiro en óptimas condicións.

Logo, visitamos o porto, cun percorrido para coñecer as principais actividades pesqueiras, os distintos tipos de embarcacións, as especies que capturan, os aparellos que empregan, etc.

Tamén coñecemos  as instalación da lonxa, as salas de exposición e venda de produtos de mar, a información que proporciona o etiquetado dos produtos pesqueiros, a preparación do peixe nas naves de empresas distribuidoras, e asistimos a unha poxa ficticia.

              

Por último, coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario, entregóuselle a cada participante unha bolsiña coas preparacións realizadas a base de peixe, a sobremesa e a bebida. Con isto, fixeron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe adaptadas a cada idade.

  

O día rematou da mellor maneira. Xantamos á beira da praia, desfrutamos no parque e xogamos na area.

  

 

Foi unha xornada estupenda!

Powered by Drupal - Design by artinet