O pasado venres, 25 de marzo os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a oportunidade de asistir á actividade “Navegando polo Universo”. No propio colexio instalouse un planetario móvil onde os escolares tiveron a sorte de facer unha viaxe polo espazo e o tempo descubrindo o maravilloso mundo do Astronomía.
Este planetario recreou con total precisión o ceo nocturno desde calquer lugar da Terra e a visión do Universo desde calquer lugar do espazo.
Descubrimos entre outros conceptos: a orixe e historia da Astronomía, o Universo e a Vía Láctea, o Sol e a vida na Terra, o Sistema Solar e os movementos da Terra e da Lúa.
Unha actividade fantástica!