DÍA DAS BIBLIOTECAS CON RAQUEL QUEIZÁS

O pasado xoves, 24 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas.

Esta iniciativa naceu co fin de concienciarnos da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e nenas, e para agradecer a gran labor dos biblotecarios e bibliotecarias.

Para festexar este día, tivemos a sorte de recibir no noso salón de actos a unha das mellores contadoras de historias, Raquel Queizás.

Tróuxonos o seu espectáculo “A maleta da avoa”. Contounos que desde ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros e nela vive a memoria.

Dentro da maleta saen trasnos, mouras, nenas espabiladas, bonecas con mazorcas de millo, o Papón… un sinfín de historias marabillosas coas que nos fixo rir e desfrutar un montón!

Todos os nenos e nenas desfrutaron desta sesión de contacontos que se levou a cabo en dous pases: un para Educación Infanti, 1º e 2º de EP, e outro para 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet