Normalización Lingüística

RECURSOS PARA TRABALLAR ROSALÍA DE CASTRO NAS AULAS

Déixamosvos aquí algúns recursos que podedes empregar para achegar ao alumnado á vida e obra de Rosalía de Castro:

- Unidade didáctica Rosalía de Castro. Preme aquí

- Libriño Rosalía de Castro "amestracris" Preme aquí

- Genially "Descubrindo a Rosalía de Castro". Preme aquí

- Genially "Unidades didácticas Rosalía de Castro". Preme aquí

 

- A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) escolleu para este ano o lema: #oamordapatriagalega

Proposta da AELG para E.Infantil e primeiro ciclo de Primaria:

Le estes versos de Rosalía de Castro e elaborar un debuxo co que che inspiren. Podedes elaborar despois un collage cos debuxos.

Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pediron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
runxindo pasaba.

Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.

Proposta para o segundo e terceiro ciclo de E.Primaria:

Le o poema “Adiós ríos, adiós fontes”, que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe. A persoa que se expresa neses versos é consciente de que probabelmente non poida voltar nunca ao seu país e que vai ter difícil comunicarse de novo cos seus seres queridos: é unha despedida para sempre. Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro.

  • Le o poema como se foses unha actriz / un actor, dándolle a emoción que hai detrás desas palabras.
     
  • Repara na estrutura do poema: son versos de 8 sílabas; a maioría das estrofas son de 4 versos e teñen rima asonante só os versos pares. Tenta facer un poema con esa mesma estrutura, para falar dun problema actual de Galiza, como faría Rosalía se vivise en 2024.     
  • Atrévete a aprender o poema! Vaste sorprender co fácil que é memorizar estes versos se lles dedicas un tempiño. A escritora elaborou este texto cun ritmo e unha musicalidade que axudan moito á aprendizaxe..

 

 *Iremos actualizando este apartado co material que nos vaia chegando ao longo destes días.

 

 

ENTROIDO 2024

É TEMPO DE ENTROIDO!

 

A semana do 5 ao 9 de febreiro estaremos ás ordes dos Mandados do Meco!

Animádevos e a desfrutar!

 MANDADOS DO MECO

 

Se a volta ao mundo queres dar,

disfrázate con nós

e vén desfrutar!

 

O luns, para comezar,

trae algo na cabeza

e a bailar!

 

O martes, para continuar,

unha volta ao pobo imos dar,

de países e turistas,

que ben o imos pasar!

 

O mércores, para desfrutar

trae algo no pescozo

e a gozar!

 

O xoves, para descansar

xa non quites o pixama

e a soñar!

 

O venres, para rematar,

vén disfrazado do que queiras,

e unhas risas imos botar!

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Non Violencia e a Paz.

Escolleuse esta data en memoria de Mahatma Gandhi, líder pacifista da India.

A súa frase “Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño” converteuse nun lema universal contra a violencia.

Estes son algúns dos traballos realizados polas diferentes titorías:

    

 

 

Día da Educación

Xa temos o mural para o Día da Educación, no que expoñemos un pequeno "dicionario" con verbos e imaxes relacionados con esta conmemoración, lembrando o afortunados e afortunadas que somos por ter acceso á Educación, xa que ten un papel fundamental nas nosas vidas.

Podedes ver o interior do Dicionario mundial da educación que fixemos entre as distintas aulas neste formato revista AQUÍ

 

 

RECURSOS PARA TRABALLAR O ENTROIDO NAS AULAS

Dada a proximidade no tempo da celebración do Entroido, con respecto ao Día da Paz, deixámosvos aquí algúns recursos que poden ser do voso interese para empregar nas aulas:

       https://www.calameo.com/read/00719078307bd384f080e?page=8

  • Unidade didáctica sobre o Entroido. Preme aquí
  • Genially para coñecer o noso Entroido. Preme aquí
  • Canci'on do Entroido para os m'ais pequenos. Preme aqu'i

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ NAS AULAS

Deixámosvos aquí uns cantos recursos para traballar o Día da Paz nas aulas:

  • Unidade didáctica. Preme aquí
  • Despregables Día da Paz. Preme aquí
  • Como elaborar receitas pola Paz cos ingredientes que se achegan nas últimas páxinas deste pdf. Unha maneira de traballar a escritura creativa co alumnado de E.Primaria. Preme aquí.
  • Vídeo que explica a orixe da conmemoración do Día da Paz.

 

NADAL 2023

É TEMPO DE NADAL!

 

Desde o CEIP de Arzúa desexámosvos que este Nadal traia moito amor, paz e esperanza para todos e todas... e que os vosos mellores desexos se cumpran para o ano que se aproxima!

Postal de Nadal feita polo alumnado de 6º de Educación Infantil.

 

Videofelicitación de Nadal feita polo alumnado de 4º A e B de Educación Primaria con traballos de todos os nenos e nenas do colexio.

 

 Tivemos a visita do Apalpador, que visitou a todos os rapaces e rapazas polas súas aulas.

Grazas á ANPA O FORMENTO por facelo posible.

 

E tamén tivemos a visita dos Reis Magos, que recibiron aos máis cativos e cativas no salón de actos.

 

Grazas á ANPA XERMOLOS por facelo posible.

 

FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!

MODELO CARTA REIS MAGOS

Achegándonos ás vacacións de Nadal, hai que buscar un intre para escribir a carta ás súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente. Deixámosvos aquí un modelo de carta que podedes imprimir.

Preme aquí

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Sabías que un de cada dez nenos é un neno con discapacidade?

As persoas con discapacidade foron historicamente marxinadas. Cómpre redobrar e acelerar os nosos esforzos para integralas na sociedade e axudarlles a conseguir as súas metas.

O noso mural colectivo, que leva por título, “A diversidade enriquece”, quere ser unha homenaxe a todos estes superheroes e a todas estas superheroínas que están aquí para regalarnos sorrisos, abrazos, agarimos… e cos que queremos compartir unha morea de retos e aventuras. Quixemos destacar todas esas cousas que elas e eles son capaces de facer, aínda que a súa discapacidade ás veces llo pon moi difícil. 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No que levamos de ano, xa van 51 mulleres asasinadas! Cómpre reflexionar e pensar que hai moitas cousas que deben cambiar na nosa sociedade. No noso centro fixéronse actividades moi variadas, adaptadas a cada nivel e entre elas destacamos a visualización de vídeos, lectura de contos, traballo con cancións... Todas as clases colaboraron na decoración dos corredores e portas das aulas, sendo partícipes da importancia de reivindicar este día.

Ademais, as titorías de 4º, 5º e 6º de E.Primaria sumáronse á campaña posta en marcha polo Concello de Arzúa polo 25 de novembro. Baixo o lema xenérico “Acabouse!”, a campaña ten como fío condutor diferentes citas que podemos achar en famosas series, películas e contos, convidando a reflexionar sobre as violencias machistas que representan e que habitualmente normalizamos.

Esta é unha mostra do traballo que se está facendo nas distintas titorías do centro.

Traballos das nenas e nenos da aula de 3 anos-A:

  

Traballos do alumnado de 3ºB:

Cartel das nenas e nenos de 2ºB:

 

Mural do alumnado de 4º A:

Mural do alumnado de 4ºB:

 

  

Mural do alumnado de 5ºA:

Powered by Drupal - Design by artinet