CONTACONTOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE ARZÚA

O espectáculo que leva por nome "De Castro a Villalta", da compañía A Xanela do Maxín, pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura. 

Empezamos pois con Rosalía de Castro e seguimos con Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, para rematar, como non podía ser doutro xeito, con Luísa Villalta. 

O espectáculo estivo xenial e a posta en escena foi moi orixinal, ao incluír hologramas. Pareceunos unha forma moi didáctica de mostrar a vida e obra das mulleres que foron homenaxeadas o Día das Letras Galegas. 

  

  

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet