Este xoves, 16 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou nun obradoiro de regueifas impartido polo grupo "Erre que Erre".
Da man de dous monitores, Lorena e Antonio, as nenas e nenos destes cursos aprenderon primeiro a música das regueifas, despois como comezar a improvisar as rimas; e, por último, aplicando a técnica do "leixaprén", como enlazar unhas regueifas con outras.
Estes diálogos cantados e improvisados, nos que a ironía e o bo humor son os reis da rima, fixeron as delicias das alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de EP. Ao final do obradoiro, cada grupo, ao berro da palabra "bomba", facía calar ao resto para cantar en alto a regueifa que acababan de inventar. Pasaron un rato moi agradable e desfrutaron un montón con esta actividade á que temos que darlle continuidade pola boa acollida que tivo.
Obradoiro con 4ºA e 4ºB:
Obradoiro en 5º A:
Obradoiro en 6ºA: