Normalización Lingüística

DÍA DA INFANCIA

 

Cada 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, unha data para reivindicar a importancia de protexer os dereitos de todos os nenos e as nenas e unha ocasión para impulsar accións que permitan seguir construindo un futuro mellor.

Este día recorda que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación ou á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceron.

Para traballar e reflexionar sobre a importancia desta data traballamos co libro “YO SERÉ TRES MIL MILLONES DE NIÑOS” deAllain Serres – Judith Gueyfier onde, con diferentes contos, se mostra a realidade de moitos nenos e nenas, que carecen destes dereitos.

Cada nivel traballou un conto, reflexionou sobre as carencias que aínda hoxe en día sofren moitos nenos e nenas de todo o mundo, e plasmouno nun debuxo nunha cometa.

Ademais, o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa convidounos, un ano máis, a gozar duns espectáculos para celebrar esta data con todos os nenos e nenas do colexio.

O luns, 13 de novembro os cativos e cativas de Educación Infantil desfrutaron do espectáculo “Soñando Inventei” de maría Faltri e Jorge Juncal.

 

 

 

 

O martes, 14 de novembro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de EP desfrutaron do concerto “Bravas. O rexurdir da luz” de A Gramola Gominola.

 

 

 

O mércores, 15 de novembro os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de EP desfrutaron do concerot de Femininoplural.

 Traballos realizados polas distintas titorías:

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Deixámosvos aquí algúns recusos para traballar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller nas aulas:

  • Actividades propostas polo Departamento de Orientación do noso centro para E. Infantil e 1º ciclo de EP. Preme aquí
  • Actividades propostas polo Departamento de Orientación do noso centro para 2º e 3º ciclos de EP. Preme aquí
  • Outras actividades. Preme aquí
  • Ficha de lectura "Nin un bico á forza. Preme aquí
  • Coplas contra a violencia de xénero para traballar no 3º ciclo EP. Preme aquí
  • Ficha 25 N para os máis pequenos. Preme aquí
  • Campaña do 25 N do Concello de Arzúa "Cambia o conto" para 2º e 3º ciclos EP. Preme aquí
  • As rapazas e os rapaces de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe do Carballal elaboraron este fantástico videoclip no que versionaron unha canción de Alaska dos anos 80 e crearon unha coreografía para ela. O alumnado quixo lembrar deste xeito tan orixinal o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller e facer un chamamento para que ningunha muller agredida fique calada.

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Deixámosvos aquí algúns recursos que podedes empregar nas vosas aulas para conmemorar o Día da Infancia. 

  • Lecturas, cancións e lista de dereitos. Preme aquí
  • Dereitos para imprimir. Infantil e 1º ciclo. Preme aquí
  • O alumnado do CEE A Barcia de Santiago de Compostela lémbranos, a través das imaxes e dos pictogramas deste vídeo, algúns dos dereitos fundamentais dos nenos e nenas; entre outros o dereito a recibir coidados especiais cando teñan impedimento físico, mental ou social ou a non ser discriminados/as e medrar en igualdade. 

ERICA GONZÁLEZ VISITA O NOSO CENTRO

Unha das actividades organizadas con motivo do Día das bibliotecas é esta sesión de animación á lectura, que hoxe desfrutaron todos os nenos e nenas do noso colexio.

Erica González, a contacontos e actriz que nos visitou, preparounos un espectáculo que leva por nome "A volta ao día en 80 mundos". Inspirándose na famosa obra de Julio Verne, Erica achegounos aos distintos continentes e falounos de moitos países, das súas culturas, curiosidades... e, polo medio, contounos algún conto destes lugares. Así, por exemplo, con "Pepita Sarmiento" aprendemos que cando queres a alguén hai que darlle ás para voar, razóns para entender e motivos para quedarse; con "Moussa soña" caímos na conta de que para soñar é moi importante xogar, pero hai nenos e nenas no mundo que deixaron de facelo porque só traballan e xa non soñan con nada fai tempo.

Estas fotos forman parte dalgúns dos catro pases que se fixeron para que todo o alumnado do centro puidera participar nesta actividade. 

  

  

  

  

Grazas Erica por deixarnos "viaxar" hoxe contigo e recordarnos que o idioma universal é o sorriso. 

 

MAGOSTO

“Por San Martiño faise o Magosto, con castañas asadas e viño ou mosto”.

 

O MAGOSTO é unha festa tradicional na que os veciños e veciñas preparaban unha fogueira para asar castañas, compartilas e festexar esa noite.

Nós tamén celebramos o noso Magosto con castañas asadas e chocolatada.

Aínda que o tempo non permitiu desfrutar dos xogos tradicionais, degustamos as castañas e o chocolate ben quente cos nosos compañeiros e compañeiras.

SAMAÍN

Na noite do 31 de outubro, as portas do máis alá ábrense para que os mortos visiten o mundo dos vivos.

Esta é unha tradición celta que conta con máis de 3000 anos.

Samaín significa “fin do verán”. Era unha festa na que os celtas conmemoraban o cambio de estación (de verán a inverno) e o fin da tempada das colleitas.

Pero esa noite de festa, crían que as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos.

Para espantalos, utilizaban máscaras e disfraces e adornaban as casas e os camiños con caveiras, nabos e cabazas con caras terroríficas.

 

Dado que este curso a temática a traballar é “Unha ventá aberta ao mundo” quixemos que cada nivel descubrise como celebraban esta noite ou o Día dos Mortos en diferentes países do mundo. Descubrimos novas festividades e datos moi curiosos.

Plasmámolo neste mural que leva por título “O Samaín no mundo” onde unha bruxa que viaxa a noite do 31 de outubro polo noso planeta, nos trouxo toda a información que rotulamos e decoramos nestas cabazas tan fermosas.

                                          

Así o festexamos nas aulas:

 

  

     

 

 

RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO NAS AULAS_CURSO 23-24

Aquí vos quedan algunhas ideas e recursos interesantes para traballar o Magosto:

  • Animade aos vosos alumnos e alumnas a facer unha recompilación de refráns do outono, contando coa axuda das súas familias. Poden ilustralos e con eles crear un bonito mural.
  •  Unidade didáctica do Magosto. Preme aquí
  •  Outra unidade didáctica do Magosto. Preme aquí
  •  Recusos didácticos Magosto. Preme aquí

 

RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN NAS AULAS_CURSO 23-24

Deixámosvos aquí diferentes recursos para achegarnos á festividade do Samaín:

  • Genially con curiosidades sobre o Samaín:

            https://view.genial.ly/61575c7175267b0e312bca8e

  • Genially con moitos recursos dentro: unidades didácticas, xogos interactivos, lecturas, videocontos... Preme aquí
  • Unidade didáctica do Samaín elaborada polo Seminario Galán. Preme aquí
  • Outra unidade didáctica do Samaín. Preme aquí
  • Proposta de contos para completar (alumnado de 3º a 6º EP). Preme aquí
  • Libriño cun resumo do Samaín para os máis pequenos/as. Preme aquí
  • Escritura creativa do Samaín. Preme aquí
  • Xogos do Samaín para imprimir. Preme aquí
  • Brincaletras sobre o Samaín. Preme aquí
  • Descubrindo a ciencia: a cabaza maldita (o vídeo explica como podedes confeccionar esta cabaza terrorífica. 

     

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Desdo os seus inicios o 5 de xuño de 1973, o Día Mundial do Medioambiente converteuse nunha plataforma mundial para fomentar a conciencia ambiental e estimular as tomas de medidas a favor do medioambiente. Isto permite que se impulsen cambios nos nosos hábitos de consumo e na política ambiental nacional e internacional.

Os nenos e nenas do CEIP  de Arzúa, concienciados co tema, e tendo en conta que este ano o tema a traballar foi “A auga, fonte de vida” elabaoramos un mural colectivo que leva por título “Mensaxes ao mar”. Cada aula rotulou unha frase ou lema relacionados co uso e consumo da auga e decorou botellas que portaban esas mensaxes.

 

                         

Tríptico lecturas recomendadas para o verán

Bo día!

Deixámosvos aquí un tríptico en PDF coas lecturas que recomendamos estas vacacións de verán, desde os máis peques ata os últimos cursos de Primaria. Desexámosvos un bo verán e unhas vacacións cheas de literatura e lecer!

 

 

DESCARGA O PDF AQUÍ

Powered by Drupal - Design by artinet