O festival do medio outono

 

Durante este curso os nenos e as nenas de Educación Infantil imos aprender moreas e moreas de cousas sobre unha das MARABILLAS DO MUNDO:AGran Muralla China. E como somos moi, moi curiosos andamos a investigar sobre as costumes deste lugar.

Chegou aos nosos oídos que na China celebran o outono dun xeito algo diferente a nós,...así que quiexemos festexalo todos xuntos, preme aquí para ver algunha foto

 Esta foi a historia que nos contou a simpática china que nos veu visitar:

"O Festival do Outono celébrase na China o décimo quinto día do oitavo mes luar e faise na honra da lúa para pedirlle boas coseitas.

Con este motivo contan a seguinte lenda:

Hou Yi, foi un valente guerreiro e arqueiro que derribou coas súas frechas nove dos dez soles que perxudicaban aos cultivos. A raiña da corte celestial deulle un remedio capaz de facelo inmnortal como recompensa; pero a muller de Hou Yi, chamada Change, que era moi curiosa e desconfiada, bebeu o remedio a espaldas do seu home e, como consecuencia, comezou a sentirse lixeira e a flotar. Ao decatarse do que pasaba quixo revertir o seu acto metendo os dedos na gorxa para botar a pílula. Change comezou a tusir e cuspiu a pílula, a cal, ao tocar o chan transformouse nun Coello de Xade cun pilón e un morteiro. Mais de nada lle serviu todo isto á muller, que continuou a subir e subir ata chegar á lúa onde ficou alí para sempre.

Segundo a lenda, a dama pasou a ser a dona do Alcázar da Lúa, onde vive co seu leal coello de cor de xade que a acompaña mentres machaca mateiais medicinais todos os días, preparando menciñas e mailo elixir da inmortalidade para aqueles mortais que o merazan. Ademais, tamén se ve unha árbore que se chama osmato que mide 1500 metros de alto. Debaixo desta árbore atópase Wu Gang, un leñador que, querendo acadar a inmortalidade, ofendeu aos deuses, polo que estes castigárono  a cortar a árbore máxica como castigo.

Nesta noite, a lúa aparece en todo o seu esplendor e a familia enteira reúnese para comtemplala mentras degustan pasteis lunares. Cando pasa algunha nube por diante da lúa durante eses intres, os pais chineses dinlle aos seus fillos que é o coello fedello a correr pola superficie lunar. 

Powered by Drupal - Design by artinet