Gallego

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

Summary: 

Novo curso a distancia ofertado fóra do Plan Anual de Formación ao profesorado.
Pretende formar ao profesorado para a titorización de cursos en rede, en Platega.
Gallego

A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega.  Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.

Destinatarios:

  • Profesorado creador de cursos para a formación en rede.
  • Profesorado titor de cursos en rede, en Platega
  • Profesorado relator de cursos de formación.
  • Profesorado creador de cursos virtuais complementarios do ensino presencial co seu alumando de ESO, Bacharelato, FP...


Competencias e obxectivos:

  • Desenvolver a competencia pedagóxica e didáctica precisa para a planificación, o deseño e a xestión dun curso en rede.

Obxectivos:

  • Manexar cursos a distancia, creados con Moodle.
  • Integrar contidos dixitais e multimedia en paquetes de contidos para os cursos virtuais, creados con eXeLearning.
  • Deseño da avaliación para os cursos virtuais.
  • Respectar a propiedade intelectual e os dereitos de autor e coñecer licenzas de autor para publicar recursos propios.
  • Crear cursos virtuais que respecten a normativa básica sobre accesibilidade.

Contidos

  • Deseño e creación de secuencias didácticas en cursos virtuais (nivel 3 de agregación).
  • Creación de cursos virtuais con Moodle.
  • Creación de paquetes de contidos con eXeLearning para incorporalos en cursos virtuais.

Coñecementos previos necesarios:

  • Manexo básico de Moodle como creador de cursos.
  • Manexo básico de eXeLearning como creador de paquetes de contidos.
  • Non é obxectivo deste curso ensinar o manexo de Moodle ou de eXeLearning, aínda que se facilitará documentación e información sobre eles. Estas dúas ferramentas usaranse para crear cursos virtuais e os seus contidos.

Temporalización e características:

O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083

Ligazón á ficha da actividade en fprofe.

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

V1301053 e V1301054 Fase A1 e A2 Combas Galicia 2013/14 CFR Vigo

Summary: 

Do 18 de novembro ata o 30 de xuño de 2014 terán lugar os dous cursos: V1301053 e V1301054 FASE A1 e A2 COMBAS GALICIA 2013/14 no CFR de Vigo.
Gallego

Do 18 de novembro ata o 30 de xuño de 2014 terán lugar os dous cursos: V1301053 e V1301054 FASE A1 e A2 COMBAS GALICIA 2013/14 no CFR de Vigo.

Data de comezo: 18 de novembro.

Data de finalización: 30 de xuño.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 30 h.

fprofe: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=298

 

competencias básicas

Felicitación navideña da Rede de Formación do Profesorado de Galicia

Summary: 

A Rede de Formación do Profesorado de Galicia deséxavos felices festas e próspero 2014
Gallego
felices festas

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Summary: 

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014
Gallego
Combas
Combas

Resolución provisional 1º prazo convocatoria de proxectos de formación para profesorado de FP 2013-14 ( PFFP)

Summary: 

Resolución provisional de selección dos PFFP presentados no 1º prazo
Gallego

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección dos proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional presentados no primeiro prazo.Pódese consultar no arquivo adxunto.

PFFP_RESOLUCION

V1302005: II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros

Summary: 

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.
Gallego

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.

Data de inicio: 22/11/2013

Data de finalización: 22/01/2014

Horas totais: 15 horas

Lugar de celebración: CFR de Vigo e IES O Castro (Vigo).

fprofe: www.edu.xunta.gal/portal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=285

coordinadores

foto
foto