Skip to Content

FELICES FESTAS

Desexamos a toda a Comunidade Educativa

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

  Bo Nadal e Próspero Aninovo

 Autor: Aldán Rubido Trigo (4º ESO C) 

Baile de Fin de Ano

A despedida das aulas ata o 2023, este ano foi diferente no Sánchez Cantón. Por primeira vez, celebramos un baile con toda a elegancia que a ocasión requería, tomamos as uvas seguindo as badaladas, participamos no concurso de baile profesorado-alumnado, desfrutamos da compaña, da ledicia e da festa, para entrar no Ano Novo con  positividade, agardando que sexa un ano para cumprir soños.

Feliz Nadal!

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Baile de Fin de Ano

1º concurso de decoración navideña das aulas

Este xoves 22 de decembro, nas primeiras horas da mañán, un selecto xurado visitou todas as aulas do IES Sánchez Cantón-CGTD para valorar a decoración navideña realizada con materiais reciclados conque cada grupo de alumnado adornou a súa aula. 

Os grupos gañadores foron: 1º ESO B, 3º ESO PDC, 4º ESO CGTD, 1º bacharelato A, 2º bacharelato A, 2º bacharelato C e 2º bacharelato E.

O xurado valorou o uso de materiais reciclados, a creatividade,  o traballo en equipo e o bo facer do alumnado. O resultado foi abraiante e espectacular: o noso alumnado sempre sorprende coa súa motivación e participación.

Aínda que estes grupos foron os gañadores, queremos felicitar a todo o alumnado pola súa implicación nesta actividade da que puidemos desfrutar estes días previos ao Nadal.

Noraboa!

Álbum: Actividades -> 1º concurso de decoración navideña

O IES Sánchez Cantón recibe ao escritor Manuel Portas e ao profesor Anxo González Guerra

O IES Sánchez Cantón abriu as portas esta mañá para recibir o escritor Manuel Portas, que falou sobre a súa novela Unha cervexa Chang co alumnado do club de lectura de 2º de bacharelato, e mais o profesor Anxo González Guerra, quen explicou polo miúdo o funcionamento da Galipedia ante os estudantes da materia de Investigación e tratamento da información (2º da ESO).

Por unha banda, a reunión con Manuel Portas, que tivo lugar na biblioteca escolar do centro, non só serviu para coñecer en profundidade a novela do escritor e docente, senón tamén o seu proceso de escrita. Daquela, os e as discentes aprenderon máis sobre a investigación e o deseño dos personaxes, os lugares, as tramas e as pezas do crebacabezas que acabaron por conformar Unha cervexa Chang. Non obstante, tamén souberon que o maior referente de Manuel Portas no terreo da novela negra é Pepe Carvalho, creado por Vázquez Montalbán.

Por outra banda, Anxo González Guerra reuniuse co alumnado da materia Investigación e tratamento da información de segundo da ESO para falar da edición en galego da Wikipedia, a Galipedia. Desta forma, o docente contou que esta fonte dixital posúe unhas 800 entradas editadas sobre persoas e libros e que todas elas poden ser modificadas por outros usuarios. Ademais, González Guerra fixo especial fincapé nas imaxes e no respecto polos dereitos de autor, así como tamén na gratuidade do traballo da Galipedia.

ACTOS CON SABOR A ROSCA E CHOCOLATE. En ambas as dúas reunións, os asistentes puideron degustar chocolate quente e rosca. Isto débese a que o IES Sánchez Cantón ten moito que celebrar este ano. Á parte das datas sinaladas en que se atopan, próximas xa ás vacacións do Nadal, o centro pontevedrés tiña que festexar o segundo premio (2.500 euros) que recibiu no certame nacional “Premios Clubs de Lectura Escolares”, convocado polo Ministerio de Educación para premiar os proxectos de promoción de lectura que se desenvolveron ó longo do curso 2021/2022. Desta forma, foi recoñecido o mérito de “Nube de palabras”, o nome do proxecto que englobou no curso pasado 15 grupos lectores e 170 alumnos e alumnas de todas as idades.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Manolo Portas e Anxo González Guerra

Finca Mouriscade

O alumnado de 1º bacharelato D visitou as instalacións de Finca Mouriscade (Lalín) acompañado pola profesora de Economía Rosa Domínguez Laredo e o profesor de Xeografía e Historia, Juan M. Álvarez Guillán.

Finca Mouriscade é un centro cun terreo e un laboratorio dedicado a analizar forraxes, pensos e materias primas destinadas á alimentación animal, identificar xermes e antibiogramas en mostras de leite e a analizar augas destinadas tanto a consumo humano como animal, ademais de desenvolver o Programa de mellora xenética nas explotacións da provincia mediante o servizo de transferencia embrionaria.

Finca Mouriscade mantén unha estreita relación coas empresas e cooperativas do sector agropecuario e desenvolve proxectos de colaboración tanto con entidades públicas como privadas. 

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Finca Mouriscade

Experimentando

O Departamento de Física e Química organizou a visita de Benito Vázquez, profesor da Universidade de Vigo, que acudiu gratuitamente ao centro este martes 20 para realizar un obradoiro de experimentos sobre Física Recreativa. Este obradoiro estivo dirixido ao alumnado de 1º bacharelato A, B e C.

Álbum: Actividades -> Experimentando

Entrevista na radio

Na tarde do luns 19, un pequeno grupo de mozas e mozos en representación do club de lectura, Sabela Rivas, Iria Méndez, Sara García, Antón García e Jacobo Otero, acompañadas polas mediadoras de sus grupos lectores Salomé Díaz, María Buceta e Anxos Rial, acudiron à emisora de Onda Cero Radio para ser entrevistadas pola xornalista Susana Pedreira.

Unha experiencia nova na que se falou do premio nacional recibido polo noso club, de lecturas, de prácticas arredor da lectura, de escritoras e de lectura e adolescencia.

Un encontro moi interesante e un diálogo construtivo moi ben dirixido pola xornalista. Aquí deixamos a mostra do que foi esa conversa:

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/club-lectura-premio-ies-sanchez-canton_2022122663a9a7c7a85ad50001aa1786.html

Álbum: Actividades -> Entrevista na radio

Xogando no CEIP Cabanas

Os profesores de Eucación Física,  Anxo Gómez e José Víctor Cimadevila, acompañaron ao alumnado de 1º TSEASD na posta en práctica dos coñecementos obtidos nese trimestre, a través da sesión de xogos planificada para o alumnado de Primaria do CEIP Cabanas (Salcedo).  

 

Álbum: Actividades -> Xogando en Cabanas

As alumnas Claudia Casal e Violeta Fortes finalistas no concurso nacional de “Educación cívico-tributaria”

Casal Campelo e Violeta Fortes Villaverde Claudia, alumnas de 4º de ESO D no curso 21-22, participaron xunto cos seus compañeiros no concurso de “Educación cívico-tributaria”. Claudia resultou finalista na modalidade de peza de publicidade gráfica, e Violeta na modalidade de redacción.

Os alumnos de 4º de la ESO no curso 21-22 da materia de Economía recibiron una charla impartida pola técnico da Axencia Tributaria, Rebeca Calviño.  A ponente de xeito moi ameno e didáctico expuxo a  finalidade dos impostos e importancia de que os cidadáns  asuman as responsabilidades derivadas dos mesmos.

Posteriormente participaron individualmente no  concurso de “Educación cívico-tributaria”, que ten por obxecto que os xóvenes comprendan a importancia de cumplir as obligacións fiscais, para disfrutar duns bens públicos de calidade. Este concurso crea un marco onde os alumnos logo de asumir os conceptos, traballan a expresión oral, escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital e desenvolven a súa creatividade ao tempo que comprenden o funcionamento das institucións e a realidade socioeconómica.

O departamento de Economía, agradece a colaboración puntual prestada polos profesores  Ernesto González Torterolo e Fita González, dos departamentos de Educación Plástica e Visual, e Lingua Castelá, respectivamente.

Felicitar ó alumnado de 4º de ESO D do curso 21-22, pola ilusión e o bo facer que puxeron no concurso, así como en todas as actividades propostas.

Parabéns a Claudia Casal e Violeta Fortes, que recibiron o diploma o pasado mes de xuño de mans dos representantes da Delegación da Axencia Tributaria en Pontevedra.

 O vindeiro 20 de xaneiro desplazaranse a sede da Axencia Tributaria en Madrid, onde se fallarán os premios a nivel nacional.

 

Visita a laboratorios da USC

O pasado venres 2 de decembro, o alumnado de Física e Química de 2º bacharelato, visitou dous laboratorios da USC (CIQUS e CACTUS), onde varios investigadores realizaron con eles uns obradoiros que os puxeron en contacto co mundo da investigación científica.  

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita a centros de investigación da USC
Distribuir contido


by Dr. Radut