Skip to Content

Comités de Igualdade (CMN)

ROTEIROS MEMORIA DE ELEFANTA

Roteiro con "Memoria de Elefanta"

Foi un percorrido polos espazos de Pontevedra que sufriron a represión franquista tras o golpe militar de 1936, co obxectivo de que as novas xeracións non den ao esquecemento a memoria das víctimas que sufriron a ditadura por defender a II República.

 https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/alumnado-sanchez-canton-descubre-pontevedra-represaliada/202311171608311279716.html

 Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Actividades -> Roteiro memoria histórica

A NOSA MEMORIA É DIVERSA

Charla de Daniela Fernández sobre activismo LGTBI

Esta actividade, que se desenvolve en dúas quendas (6 e 13 de novembro) para o alumnado de 4ESO, enmárcase dentro Programa Pinto e Maragota do Concello de Pontevedra.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla activismo LGTBI

QUE NON TE LÍEN! TI ELIXES

"Que non te líen, ti elixes"

Estas dúas mulleres con postos de responsabilidade en Fearmega,  ofreceron unha charla no paraninfo solicitada a "Que non te líen, ti elixes", campaña promovida pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. 

O obxectivo desta charla, proporcionada por mulleres referentes no sector empresarial, é favorecer a orientación vocacional, libre de estereotipos, na elección de itinerarios formativos onde a presenza de mulleres é menor.

      

A NOSA MEMORIA É DIVERSA

 

                                  Pinto e Maragota | Pontevedra

 

A nosa primeira iniciativa para este curso vai ser a charla de Daniela Fernández, A NOSA MEMORIA É DIVERSA. Nesta charla, Daniela vainos achegar a nosa historiano eido do activismo lgtbi. A importancia da visibilización mediante o coñecemento é fundamental para progresarmos como sociedade.

A defunción dos sexos - Daniela Ferrández Pérez, Danielaferrandez Perez ·  5% de descuento | FnacPinto e Maragota forma a estudantes pontevedreses sobre a historia da  disidencia sexual en Galicia - Pontevedra Viva

Velaquí vos deixamos unha ligazón dunha entrevista que lle fixeron na Voz de Galicia para que a vaiades coñcecendo os que non tivestes a oportunidade de escoitala o pasado curso.

                                      A memoria LGTBI en Galicia. Os espazos que vertebraron e vertebran a  disidencia sexual - Vinte

A MEMORIA DAS MULLERES APLICACIÓNS INTERACTIVAS

                                                            

A Memoria das Mulleres é un proxecto do Concello de Pontevedra que pretende dar a coñecer e dar voz ás mulleres do municipio. Acaban de crear unha serie de recursos lúdicos ao redor do proxecto para traballar nas aulas.

Trátase de catro xogos interactivos realizados coa ferramenta genial.ly, pensados para a mocidade de Pontevedra, todos eles centrados na historia e na memoria das mulleres pontevedresas:

                                                           

  • Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.

  • Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.

  • Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.

  • As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes tema.

                                                             

 

Deixo aquí a ligazón a todos os recursos dispoñibles na nosa web dogrisaovioleta.gal

Tlf. 694 401 505

COMEZAMOS UN NOVO CURSO LILA! 23-24

Avances del Feminismo en la actualidad y derechos que nos quedan por  conseguir

Historia del activismo homosexual en Andalucía Cuando ser y amar eran  delitos

ROTEIRO MEMORIA DE ELEFANTA CON MARÍA XESÚS ESCUDEIRO

Roteiro "Memoria de elefanta"

Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e 4º ESO D realizaron o luns 6 e o martes 7 un roteiro relacionado coa memoria histórica ao frente do cal estivo Mª Xesús López Escudeiro.

Durante o paseo, situou aos rapaces e rapazas no contexto histórico: informou sobre o golpe de estado de 1936 e sobre a represión posterior na cidade de Pontevedra e nas parroquias de Lérez, Mourente e Salcedo. Xuntos, localizaron espazos e feitos, mentres Mª Xesús López Escudeiro falaba de represaliados pontevedreses como Alexandre Bóveda ou varias mulleres, entre elas Josefina Arruty, mulleres que sufriron rapas de cabeza e violacións, entre outros terribles agravios.

Pola súa parte, o alumnado leu textos escritos polos represaliados, coma por exemplo, a carta da despedida de Bóveda á súa muller.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Roteiro "Memoria de elefanta"

PODCAST MEMORIA HISTÓRICA RADIO GALEGA, CON EVA MEJUTO

Podcast para a Radio Galega

Alumnos pertencentes ao club de lectura mixto de 4º ESO e 2º de bacharelato, ademais de alumnado representante do proxecto "Na súa memoria, na nosa memoria" (gañador do 1º Premio Ernestina Otero de Igualdade), grabaron na tarde deste mércores 8 de febreiro, un podcast para o espazo Entreliñas do Diario Cultural da Radio Galega.

Os mozos e mozas falaron de libros que leron relacionados co tema da memoria histórica: A nena lectora de Rivas e Suniaga, As malas mulleres de Marilar Alexandre e  A lavandeira de San Simón de Mejuto e Gregores.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Podcast para a Radio Galega

Mis Docet. Asistencia ao teatro. Comité de Igualdade e EDLG

Teatro "Miss Docet"

O alumnado dos clubs de lectura do centro puido gozar de Miss Docet, obra teatral con texto de María Reimóndez e dirección de Vanessa Sotelo.

Este novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España galeguista”. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.

Como desfile de voces, ecos e silencios, (Miss Docet) recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Teatro "Miss Docet"

APRENDE COAS MULLLERES GALEGAS!!!

 

Aprende coas mulleres galegas

 

Aprende coas Mulleres Galegas

 

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas"  da Secretaría Xeral da Igualdade  pretende achegarnos unha serie de biografías e actividades para coñecer, afondar  e dar visibilidade  a mulleres galegas de especial relevancia.  Con este programa pretendemos concienciar as nenas e nenos  da invisibilización  de  mulleres, moitas delas  descoñecidas para o alumnado e para a cidadania e amosar as súas contribucións e achegas e o seu coñecemento a sociedade. O mesmo tempo a Secretaria Xeral da Igualdade quere seguir traballando na  promoción da igualdade e na eliminación dos estereotipos de Xénero amosando mulleres fortes en todos os eidos, que souberon adiantarse ó seu tempo e rachar cos estereotipos de xénero do momento que lles tocou vivir.

Ademais dunha pequena biografía da muller seleccionada o caderno conten unhas serie de actividades de investigación e descubrimento para que o alumnado poida seguir traballando e  explorando na vida da muller escollida, sempre cunha perspectiva de xénero.

 http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aprende-coas-mulleres-galegas

 

Fichas publicadas

 

Caricatura Maruja Mallo

Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.Unidade didáctica Maruja Mallo 2.4 MB

Caricatura VIctoria Moreno

Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño".Unidade didáctica MVictoria Moreno 2.93 MB

 

Caricatura Ángela Ruiz

 Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademais de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.Unidade didáctica A. Ruiz Robles 3.15 MB

 

Caricatura Concepción Arenal

 Concepción Arenal foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traballou incansablemente pola igualdade das mulleres. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade.Unidade didáctica Concepción Arenal 2.86 MB

 

Caricatura Ángeles Alvariño

 Ángeles Alvariño foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.Unidade didáctica Angeles Alvariño 2.74 MB

 

Caricatura Ernestina Otero

 Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na universidade. Unidade didáctica Ernestina Otero 2.9 MB

 

Caricatura María Wonenburger

María Wonenburger foi unha matemática e investigadora galega de renome internacional que traballou no campo da álxebra. Afeccionada a deportes coma o hóckey e o baloncesto, foi unha alumna sobresaínte e unha gran políglota. Foi a primeira muller en acceder a unha bolsa Fulbright.Unidade didáctica María Josefa Wonenburger 2.48 MB

Caricatura Emilia Pardo Bazán

 Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea.Unidade didáctica Emilia Pardo Bazán 2.52 MB

 

 

 

Olimpia Valencia foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller. Unidade didáctica Olimpia Valencia 2.99 MB

 

Caricatura Filomena Dato

Filomena Dato foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega. Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos, fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema "En defensa das mulleres" está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura.   Unidade didáctica Filomena Daro 3.25 MB

 

Caricatura Isabel Zendal

 Isabel Zendal foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición para levar a vacina da varíola a América. Dende moi nova trasladouse da súa parroquia natal, en Ordes, á Coruña para traballar no Hospital da Caridade coidando dos nenos e nenas do orfanato. Unidade didáctica Isabel Zendal 3.09 MB

Caricatura Rosalía de Castro

 Rosalía de Castro foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada autora do Romanticismo do século XIX e unha das maiores representantes do Rexurdimento galego.

Unidade didáctica Rosalía de Castro 3.29 MB

 

Caricatura Antonia Ferrín

 Antonia Ferrín foi unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou coma investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.Unidade didáctica Antonia Ferrin 2.69 MB

 

Caricatura María Casares

 María Casares foi unha actriz galega de cine e teatro. Viuse obrigada a abandonar España tras o levantamento fascista e ao longo da súa carreira acadou numerosos recoñecementos coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en España ou o Grand Prix national du théàtre en Francia. Unidade didáctica María Casares 2.73 MB

 

Caricatura Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza foi unha escritora, docente, poeta e crítica literaria. Estudou Maxisterio e Filoloxía Románica e ten unha grande obra literaria, destacando os poemarios Paxaro na boca ou Códice Calixtino. Dirixiu as revistas literarias Nordés e Orión, foi membro da Real Academia Galega e no ano 2005 foi galardoada coa medalla Castelao. Unidade didáctica Luz Pozo Garza 3.13 MB

 

Caricatura María Barbeito Cerviño

 María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora que introduciu o método Montessori en Galicia, que se basea na liberdade e a autoaprendizaxe para poñer ao alumnado no eixo da educación.Unidade didáctica María Barbeito 2.79 MB

Caricatura Isabel Barreto

 Isabel Barreto foi unha navegante galega, ademais de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na  historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e as illas Salomón. Unidade didáctica Isabel Barreto 2.89 MB

 

Caricatura Elisa Patiño

 Elisa Patiño foi unha aviadora galega, a primeira muller en pilotar un avión en Galicia. O día 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, "Chichana" como era coñecida, despegou co seu aeroplano deixando entusiasmada a toda a poboación. Unidade didáctica Elias Patiño 2.03 MB

 

Caricatura María Vinyals

María Vinyals foi unha escritora, sufraxista e activista social galega. Considerada unha das pioneiras da reivindicación feminista en Galicia, destacou pola súa intensa actividade na loita pola igualdade a través dos seus artigos, conferencias e iniciativas. Unidade didáctica María Vinyals 2.39 MB

 

Caricatura Exeria

 Exeria naceu na provincia romana da Gallaecia. Realizou unha viaxe de tres anos de duración na que peregrinou ao Oriente próximo e reflectiu toda esta viaxe nun libro no que relata as súas aventuras. Este libro converterase no primeiro libro de viaxes escrito por unha galega.Unidade didáctica Exeria 2.73 MB

Caricatura María Luz Morales

 María Luz Morales foi unha xornalista, escritora, crítica teatral e asesora de tradución de guión para a produtora Paramount. Polo seu traballo en diferentes medios convértese nun referente no mundo do xornalismo e no ano 1963 é recoñecida co Premio Nacional de Teatro.Unidade didáctica María Luz Morales 2.84 MB

 

Caricatura Manuela Barreiro

 Manuela Barreiro foi a primeira muller farmacéutica de Galicia. Foi a primeira muller en Galicia en acadar o título de bacharelato, a primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que obtén o título de Farmacia, e a primeira muller en ter unha farmacia de seu. Unidade didáctica Manuela Barreiro 2.70 MB

 

Caricatura Rita Fernández Queimadelos

 

Rita Fernández Queimadelos foi a primeira arquitecta nada en Galicia. Estudou na Facultade de Ciencias de Santiago, asistiu á Escola de Artes e Oficios e, tras rematar esa primeira formación, marchou a Madrid a estudar arquitectura. Entre as súas obras destacan o antigo concello de Fuenlabrada, os proxectos de reconstrución de Carabanchel ou os traballos realizados como arquitecta municipal en Mula (Murcia).Unidade didáctica Rita Queimadelos 4.41 MB

 

Caricatura Xela Arias

 

Xela Arias foi unha escritora, editora, tradutora e profesora de literatura. Foi unha muller comprometida, ecoloxista e feminista. Participa en movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada, revista de cultura producida por Feministas Independentes Galegas, ou en Burla Negra, contra o desastre do Prestige. Entre as súas obras destacan Diario a diario ou Tigres como cabalos.Unidade didáctica Xela Arias 3.19 MB

 

Distribuir contido


by Dr. Radut