Skip to Content

Edixgal

Curso 24/25

 

Toda a información sobre a Educación Dixital (E_dixgal) está a súa disposición no seguinte enlace:  https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

 

Nesa páxina poden atopar a Información para as familias, cun folleto  específico en formato pdf:   Folleto informativo para as familias - Curso 2024-2025 (PDF)

 

Dentro dese folleto queremos subliñar a páxina 6 adicada ó seguro voluntario

Para calquera consulta poden contactar coa coordinadora E-dixgal para este curso escolar, Mª Dolores Castro Caridad.

A cobertura do seguro ofrecido pola Xunta

Adxuntamos un arquivo que ten información sobre a cobertura do seguro dos ordenadores prestados ao alumnado

 

Resultados da enquisa cuberta polos pais e nais sobre EDIXGAL (6 de xuño de 2024)

Adxunto a esta entrada vai o documento cos resultados obtidos na enquisa cuberta polos pais e nais sobre Edixgal. O día 3 de xuño finalizamos a recollida de opinións que nos servirá para orientar a toma de decisións sobre a continuidade ou non do programa toda vez que no curso 2024-2025 remata o compromiso de catro cursos do centro con Edixgal. Dentro dun ano o Claustro e o Consello Escolar deberán decidir se continuar ou non. En calquera caso, os resultados e a súa interpretación serán enviados aos responsables educativos para que sexan conscientes dos problemas que xurden na práctica do proxecto.

Grazas a todas as persoas participantes 

Curso 2023/24

Folleto informativo sobre EDIXGAL para as familias. Curso 2023-24

Recoméndase a súa lectura porque explica o proxecto EDIXGAL e as responsabilidades que o proxecto entraña.

Nese folleto faise referencia tamén á aplicación abalar móbil. Tamén podes acceder a esa información pola páxina web do Espazo Abalar

Resultados da enquisa ás familias sobre EDIXGAL

 

Preme na ligazón para abrir o arquivo.

(Esta enquisa foi realizada no 3º trimestre do curso 2020-2021)

 

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

Preme na seguinte ligazón para acceder á información sobre a plataforma Edixgal (folleto informativo e videotitoriais)

 

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

Distribuir contido


by Dr. Radut