O pasado sábado 20 de novembro celebráronse os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia en Santiago de Compostela. Alí estivo a nosa compañeira Anxos Rial, Coordinadora dos Clubs de Lectura do IES Sánchez Cantón, invitada pola organización para realizar unha ponencia.
Anxos explicou nunha sala do Pazo de Congresos, repleta de profesorado de toda Galicia, o funcionamento dos 15 clubs que neste momento existen no instituto, nos cales participan 160 alumnos e alumnas, 11 profesores e profesoras e a súa evolución dende que hai 10 anos, cando se fundou o Club de Lectura “Nube de palabras” no IES Sánchez Cantón.
Noraboa polo teu magnífico traballo, Anxos!