Skip to Content

Recomendámosche

Intercambio de libros

 

  A Biblioteca Charo Sánchez-Gabriel do IES SÁNCHEZ CANTÓN organiza unha actividade de INTERCAMBIO DE LIBROS ENTRE LECTORES.

    Se tés na casa un libro que xa non queres conservar, podes participar nesta actividade e conseguir outro. Deixando un libro recibirase un vale que permitirá recoller o outro libro tras a representación da obra Cuatro corazones con freno y marcha atrás do GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES que terá lugar o día 3 de novembro de 2022 ás 20:00 horas.

     Esta actividade está aberta a alumnado, profesorado, familias e PAS do centro.

    Para maior comodidade pódense ir deixando os libros na biblioteca antes do día da representación da obra. 

OS VISITANTES DO VENRES 19 DE NOVEMBRO

Sempre é una ledicia e tamén un orgullo recibir aos antigos estudantes do centro que lembran con agarimo este espazo no que medraron.  E así sucedeu o pasado venres 19 de novembro, cando nos visitaron 2 exalumnos do IES Sánchez Cantón para compartir con nós os seus coñecementos e experiencias vitais.

 Por unha banda, Luis Bará ofreceu una charla sobre memoria histórica ao alumnado de 4º ESO (presentado polo profesor Anxo González Guerra, sempre vinculado ao noso instituto), charla que  os rapaces e rapazas escoitaron con moito interese.

 Por outra parte, Manuel Jabois achegouse ao noso centro para apadriñar ao alumnado de 1º ESO, e ademáis de contarlles da súa vida no instituto, contestou a todas as preguntas que eles lle fixeron.

   

 

HOMENAXE A CHARO SÁNCHEZ-GABRIEL

O pasado venres 22 de outubro realizamos un merecido homenaxe a unha benquerida compañeira, traballadora incansable na biblioteca escolar deste centro. Ela foi a artífice dunha biblioteca aberta a toda a comunidade educativa onde poder desfrutar de lecturas variadas e realizar actividades arredor dos libros. Por iso, era de xustiza que este espazo levara o nome da persoa que o creou: Charo Sánchez-Gabriel.

Distribuir contido


by Dr. Radut