Skip to Content

Club de Lectura "Nube de Palabras"22/23

 

No informe “Jóvenes y lectura” da FGSR (2022) afírmase que na adolescencia se perden lectores que, nunha idade máis avanzada, non se recuperan senón moi parcialmente; tamén se fala da necesidade de crear un espazo atractivo e fixo para as lecturas dos adolescentes e unha das propostas para frear esa perda de lectores e fomentar unha relación rica coa lectura coma un factor de equilíbrio fronte à fatiga dixital sería formar parte dun club de lectura que favorecera o seu interés por socializar ao compartir gustos, identificarse cunha xeración, identificarse cun xénero. Nesa liña enmarcamos os fins das nosas prácticas lectoras: unha mirada hacia a innovación, un acceso equitativo aos libros e unha perspectiva arredor do servicio público da lectura.

O nome xenérico para todos os grupos lectores integrantes do club de lectura do noso IES é “Nube de palabras”. Este club leva funcionando varios anos e neste curso 22/23 contaremos con 15 grupos lectores para o alumnado da ESO e Bacharelato compostos por 8-10 mozos/-as; os clubs lerán en catro linguas: galego, portugués, castelán e inglés e haberá clubs de xenéricos de narrativa nestas linguas e temáticos de imaxes, cultura clásica e igualdade. Os mediadores e mediadoras para compartir lecturas coa nosa mocidade, para desfrutar e participar na formación de lectores críticos seremos 11 docentes de materias diversas



page | by Dr. Radut