Podcast para a Radio Galega
Alumnos pertencentes ao club de lectura mixto de 4º ESO e 2º de bacharelato, ademais de alumnado representante do proxecto "Na súa memoria, na nosa memoria" (gañador do 1º Premio Ernestina Otero de Igualdade), grabaron na tarde deste mércores 8 de febreiro, un podcast para o espazo Entreliñas do Diario Cultural da Radio Galega.
Os mozos e mozas falaron de libros que leron relacionados co tema da memoria histórica: A nena lectora de Rivas e Suniaga, As malas mulleres de Marilar Alexandre e A lavandeira de San Simón de Mejuto e Gregores.
Pica na foto para ver o álbum