PREMIO ERNESTINA OTERO AO FOMENTO DA IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS
O venres 4 de marzo acudimos á recollida do segundo premio do concurso intercentros Ernestina Otero que premia traballos realizados que fomentasen a igualdade dende a acción de visibilización das mulleres e coeducativas.
O proxecto presentado polo noso centro e desenvolvido no curso anterior, Entre Donas ás beiras do Lérez, foi recoñecido cun segundo galardón na categoría de educación secundaria. Os demais gañadores foron o IES Luís Seoane, primeiro premio na mesma categoría ca nós, e o CEIP San Martiño, na categoría de educación infantil e primaria.
Por se tedes curiosidade e queredes lembrar traballos e aquelas iniciativas nas que traballastes, non deixedes de visitar no noso curso virtual aberto ENTRE DONAS. Aquí atoparedes numerosos recursos e actividades que fomentan a coeducación dende un punto de vista feminista.