Skip to Content

Proxectos feministas que desenvolvemos e nos que participamos

Temos en marcha tres proxectos feministas que pretenden visibilizar, recuperar e reivindicar distintas mulleres que non teñen o status que deberían a nivel histórico, ou pofesional.

Mirando cara un pasado non tan afastado reivindicamos a aquelas figuras femininas no proxecto de 4ESO, NA SÚA MEMORIA, NOSA MEMORIA.  Josefina Arruti, A Calesa, Vurxinia Pereira, Ernestina Otero, entre outros, son nomes que non debemos esquecer,  mulleres que recuperamos para poñer en valor a súa loita xa que o fascismo as quixo soterrar no esquecemento.

Un ano máis, a profe Antía de Bioloxía vai desenvolver nos primeiros cursos da ESO o proxecto MULLERES CIENTÍFICAS. Este curso centrado en astrónomas e poderedes ver o resulado o 11 de febreiro, Día da Muller na Ciencia.

Tamén os CLUBS DE LECTURA que coordina a profe Anxos colaboran connosco fomentando a igualdade mediante lecturas que conciencian tanto nos grupos xerais como no club específico de Igualdade coordinado por María Buceta. Obras de María Reimóndez, Antía Yáñez, Rosalía Fernández Rial ou Susana Aríns atópanse entre as nosas propostas.

 



page | by Dr. Radut