Como sabedes, onte tivemos unha charla que se insire no marco das actividades programadas para celebrar o día da Nena na Ciencia (11 de febreiro), organizada polo Club de Ciencia e o Comite de Iguladade. A conferencia titulouse "Cambio Climático e consumo responsábel" e estivo a cargo de María Loureiro, investigadora honorífica da UVigo, alén de directora CIENTÍFICA dO GRUPO ECOBAS (Economics and Business Administration for Society).
María falounos do proxecto ECOBAS e da intrínseca relación entre o consumo e o clima, ou mellor dito, como o noso consumo responsábel podería influir positivamente no cambio climático. Alén disto, tamén incidiu nas dificultades das investigadoras para acceder a postos elevados ou da complexidade na conciliación familiar a tan alto nivel académico.
Foi un pracer tela connosco e temos pendente unha visita ao centro de investigación que están creando.