Skip to Content

Semana de acollida do alumnado do instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

Esta semana recibimos no instituto ao alumnado e profesorado de intercambio do instituto Helmholtz- Gymnasium de Bonn que acolleu aos nosos rapaces e rapazas na semana do 23 ao 30 de marzo. 

Durante estes días asistirán a clases de diversas materias, realizarán actividades variadas e coñecerán  lugares de relevancia, grazas á implicación de moito profesorado que axuda actuando de cicerone e transmitindo os seus coñecementos sobre a cultura galega e pontevedresa.

O martes pola mañán foron acollidos no instituto e asistiron a algunhas clases. Realizaron un roteiro literario con alumnado de 1º ESO e acompañados pola profesora Anxos Rial. Despois, participaron nunha sesión de xogos populares no parque das Palmeiras coa profesora de Educación Física, Araceli Dobarro. Posteriormente, asistiron a unha recepción no concello onde coñeceron ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, quen lles explicou como era a nosa cidade e mantivo con eles unha agradable conversa. As fotografías que engadimos ao álbum foron cedidas amablemente polo Diario de Pontevedra e realizadas por Gonzalo García.

Pola tarde, o alumnado alemán, acompañado polos seus compañeiros de acollida e as profesoras Stefanie Bauer e Wendy Kramer realizaron unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra. Os profesores Humberto Martínez e José Luis Rodríguez convertíronse en guías para explicarlles os interesantes fondos que garda o Museo Provincial.

O mércores pola mañán visitaron a catedral e a cidade de Santiago de Compostela, acompañados polos profesores Pablo Alonso e Benito Búa.

O xoves pola tarde fixeron unha escapadiña ata o incomparable Cabo Home para subir ata o Monte do Facho e desfrutar das fermosas vistas das rías de Vigo e Pontevedra, para logo seguir o sendeiro dos faros ata chegar á praia de Melide. Exerceron de guías locais e anfitrións os profesores  Marta Mera, Telmo Silva, Margarita Torres e Rocío Vieites.

Finalmente, o venres pasaron a mañán na biblioteca concluíndo unha serie de proxectos que xa comezaran en Alemaña, rematando a súa estadía no IES Sánchez Cantón cunha comida fraternal no vestíbulo do instituto para despois regresar coas súas familias de acollida.

Confiamos en que a súa estadía fora placentera e que esta aprendizaxe de entendemento entre culturas cercanas pero diferentes, fixera mella no alumnado dun país e doutro, convertíndoos en persoas máis tolerantes, respetuosas e comprensivas cos demais. 

 Neste enlace poderedes acceder ao diario que fixo o alumnado alemán reflictindo a súa estadía en Pontevedra: 

https://tools.fobizz.com/pinboard/public_boards/c05e744c-e9eb-49c8-a28c-409182612951?token=37d2bd8743e88eef54be8f1a80478e17

Álbum: Actividades -> Recepción do alumnado de Bonn

Pena Aventura 2023

O noso alumnado de 4º ESO iniciou hoxe a súa pequena aventura en Portugal.

A primeira parada foi a fermosa cidade de Porto, onde realizaron un roteiro pola cidade visitando pola mañán a Torre dos Clérigos, a libraría  Lello, a Estación de Sao Bento. Pola tarde, embarcaron no cruceiro das 6 pontes para navegar polo río Douro.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Pena Aventura 2023

Día da Muller Investigadora

O pasado venres 31 de marzo, recibimos a catro mulleres investigadoras, expertas en catro campos da ciencia, a innovación e a tecnoloxía: Marián Fernández Villarino (deporte), Eva Lantarón Caeiro (fisioterapia), Beatriz Legerén Lago (videoxogos) e Isabel Pastoriza Santos (nanomateriais).

Acompañáronnos durante un día no que se someteron ás entrevistas do noso alumnado de 4º ESO, que estivo traballando para esta ocasión ao longo de varios meses nos cales realizou un proceso de documentación e tratamento da información, ademáis de aprender as técnicas dun xénero periodístico como é a entrevista.

Tras este intercambio de preguntas-respuestas, realizado nas aulas, as investigadoras ofreceron unas charlas no paraninfo, onde explicaron o traballo que desenvolven e como chegaron a ser especialistas recoñecidas na materia a pesar das dificultades que atoparon no seu camino.

Finalmente, estableceuse un coloquio entre as expertas e o alumnado, que interveu para realizar as preguntas que o tempo permitiu.

A actividade foi coordinada coa Unidade de Cultura Científica e Innovación da Universidade de Vigo e solicitada polo Comité de Igualdade do instituto.

Pica no álbum para ver a foto

Álbum: Actividades -> Día da muller investigadora

Campionato Provincial de Orientación Escolar

O noso alumnado de 2º ESO, que xa se clasificara para a fase final do Campionato Provincial de Orientación Escolar o día 28 de febreiro, acadou un novo éxito conseguindo encher o pódium masculino: Adrián Pazos Caramés ocupou o 1º posto, Aitor Calvo Bugallo o , e Hugo Blanco García o

As rapazas non obtiveron prazas no podium, pero fixeron un gran campionato xa que conseguiron rematar unha carreira de moita dificultade.

Todo un éxito para os nosos alumnos e motivo de orgullo para o centro.

Noraboa!

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Campionato provincial de Orientación

Limpeza de praia Pragueira

Esta fermosa mañán do 29 de marzo, o alumnado do Club contra o Cambio Climático realizou a súa xa tradicional saída para levar a cabo a limpeza dunha praia.

Este ano asaltaron a praia de Pragueira acompañados por alumnado e profesorado do CEIP Mosteiro-Meis, onde pararon para recoller aos compañeiros deste centro escolar e recibir tamén unha pequena charla.

50 alumnos de ambos centros, acompañados por 4 profesores,realizaron un exhaustivo traballo de limpeza e, como se pode apreciar nas fotos, traballo non lles faltou. Ata un extintor tiveron que recoller!

Grazas a todos por este traballo colaborativo en beneficio da comunidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Limpeza de praia Pragueira

Xincana de xogos na EEI Crespo Rivas

Este mércores 29 de marzo o alumnado de 1º TSEASD, coordinado polos profesores Anxo Gómez e Josevi Cimadevila, organizou unha xincana de xogos co alumnado de 4 anos na EEI Crespo Rivas.

 Os pequenos desfrutaron dunha mañá de xogos e os maiores desfrutaron coa ledicia dos pequenos. As fotos non deixan lugar a dúbidas.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xincana de xogos na EEI Crespo Rivas

Xornadas Deportivas con 1º TSEASD

Este martes 20 de marzo, os nosos alumnos de 1º de TSEASD colaboraron nas xornadas deportivas da Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra, nas que mobilizaron e dinamizaron a 250 nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria dos colexios San José, Froebel, Xunqueira I, Cabanas-Salcedo e Xeve.

Parece que escolares e profesorado quedaron contentos coa  actividade que realizamos, pois cando rematamos  felicitáronnos e solicitáronnos axuda para outras xornadas. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xornadas Deportivas da Agrupación Deportiva Escolar

Celebración do Día da Poesía

Este luns 27 e martes 28 de marzo, o alumnado de 1º e 2º ESO saiu ás rúas para repartir poemas a todos os pontevedreses. Esta actividade foi planificada e organizada polo equipo de biblioteca do centro, con Fernando Tomé Rodríguez á cabeza, o seu coordinador.

O alumnado invadiu as rúas e prazas da cidade para invitar aos cidadáns a compartir con eles poemas e lecturas, deixando unha pegada inesquecible nalgúns dos nosos veciños que escoitaron aos rapaces e rapazas con moita atención e agarimo.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2023/03/28/alumnos-instituto-pontevedra-emocionan-reparto-lectura-poesias/00031679998428166747386.htm

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Día da Poesía

Anxos Rial Vidal nas Xornadas de Bibliotecas Escolares

A nosa compañeira de Lingua Galega e Literatura, Anxos Rial Vidal, acudiu as Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago de Compostela o pasado venres 24 de marzo.

A profesora foi invitada pola organización para falar sobre o proxecto de Clubs de Lectura que existe no noso centro, o cal conta con 11 clubs nos catro idiomas que se imparten no centro, sendo Anxos a coordinadora de todos eles.

Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Actividades -> Xornadas de Bibliotecas Escolares

A escritora Tamara Andrés visita o instituto

A poeta Tamara Andrés visitounos o 16 de marzo para realizar un obradoiro de poesía sobre o seu libro "Irmá paxaro" con 4º ESO e o alumnado do Club de Lectura de 1º bach. O libro reflexiona sobre o antes e o despois dunha relación entre dúas irmás que compartiron experiencias na infancia e que pouco a pouco van ficando á intemperie. 

Máis tarde, a escritora realizou un roteiro literario sobre a súa obra 2peixiño desnortado" co alumnado de 4º ESO. "Peixiño desnortado" conta a experiencia de Eume, unha nena que fai o mercado semanal co seu pai. A rapaza ten que facer un mandado e percorre a parte baixa da zona monumental de Pontevedra. A mirada de Eume describe a vida cotiá. A través do seu maxín, coñece a persoeiros do pasado e do presente que teñen a súa pegada particular nas rúas e prazas do casco histórico.

Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Actividades -> Tamara Andrés
Distribuir contido


by Dr. Radut