Skip to Content

Visita a A Coruña

O pasado 27 de marzo o alumnado de Bioloxía de 4º ESO viaxou ata A Coruña para visitar dous museos emblemáticos: a Casa das Ciencias e a Domus, a Casa do Home. Foi tal o interese que espertou en eles a visita, que fixeron fotos de todo aquilo que observaron e non de si mesmos, cousa á que nos sorprende dada a súa afición aos selfies.

Deixamos aquí, unha breve mostra das fotografías que eles mesmos sacaron desta experiencia.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita á A Coruña

Entroido 2023

O pasado venres 17 de febreiro celebramos a 7ª edición do Entroido no Sánchez Cantón.

Vaia por diante o agradecemento a todo o alumnado (26 grupos, uns 720 alumnos e alumnas) e profesorado deste centro que estiveron preparando o evento durante dous meses, empregando do seu tempo libre para que todo saíse á perfección. 

O noso agrademento tamén para o xurado que formado por: dúas profesoras en activo, (Lourdes García e María Buceta), un profesor xubilado (Xosé Manuel Calvo), unha administrativa do noso persoal de Secretaría (Ana Esteban), un representante da ANPA (Pepe Vázquez), tres exalumnos (Sofía Cortés, Carlos Fuertes e  Laura Somoza), ademais dun alumno de 2º TSEASD (Gabriel Sineiro). A súa foi unha decisión moi difícil, pois cada ano as actuacións e a implicación do alumnado son maiores.

Queremos tamén agradecer o esforzo do alumnado e profesorado do CGTD que, por primeria vez na historia, adaptaron as súas circunstancias especiais ás datas, e se uniron á celebración desta festa con tanta tradición en Pontevedra.

Todos deixamos atrás os tempos da pandemia e os límites de aforo, para reunirnos e dar o mellor de nós mesmos.

No vídeo e nas fotos pódese ver o bo clima que se mantivo durante toda a mañán, que transcurriu entre risas, música e bailes. 

 

 Pica na foto para ver o álbum de fotos

Álbum: Actividades -> Entroido 2023

Curso 23/24

 

RESERVA CENTROS ADSCRITOS

 

1º ESO: Todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Froebel e do CEP Campolongo que fixo reserva de praza para 1º ESO foi admitido.


1º BACH: O número de solicitudes de reserva para 1º Bacharelato de alumnado procedente do CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores é superior ao número de vacantes dispoñibles no noso centro, polo que todo o alumnado que fixo reserva deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión entre o 1 e o 20 de marzo de 2023.

  

Love poems for Valentine's Day

alumnado de 1º e 2º ESO celebrou o día de San Valentín participando nun concurso de poemas de amor en lingua inglesa. O obxectivo era escribir unha poesía de entre 4 e 12 versos e envialo en formato pdf utilizando algunha aplicación gráfica como canva.

As nosas ganadoras foron Cecilia Casal García de 1º ESO C e Agustina Mallo Guajardo de 2º ESO C.

Os segundos premios recaeron en:

Greta Fernández Araujo (1ºESO C)

Antón Nogueira Rodríguez (1ºESO C)

Jorge Castillo González (1ºESO D)

Emilia López Leal (1ºESO D)

Mariela Inoa Vázquez (1ºESO D)

Catuxa Domínguez Estévez (1ºESO D)

Ana Paz González (2ºESO A)

Luis Carreño Paisa (2ºESO A)

Mario Lago Beloso (2ºESO B)

Pablo Fernández Curra (2ºESO D)

 Todos os poemas presentados recolleranse nun libro que será encuadernado e exposto na biblioteca do centro.

Este será un ben merecido premio para todos os participantes. Noraboa!

Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Actividades -> Love poems for Valentine's Day

PROBAS DELF 2023

 

INFORMACIÓN SOBRE O DELF ESCOLAR 2022-23

 

Prazo de matrícula

Ata o 23 de febreiro.

 

Centro de realización das probas:

IES Xunqueira II  (Pontevedra).

 

Datas  e tarifas de realización das probas:

O alumnado deberá seguir as recomendacións do profesorado de francés para escoller o nivel das probas nas que se matricula.

DELF SCOLAIRE

Niveau

PROBAS ESCRITAS (COLECTIVAS)

PROBAS ORAIS (INDIVIDUAIS)

TARIFAS

Data de publicación dos resultados:

 

28/06/23

DELF scolaire A2

Xoves 27 de abril de 17.00 a 18.40

Entre

o martes 12 de abril e o sábado 13 de maio

74,20 €

DELF scolaire B1

Mércores 26 de abril de 17:00 a 18:55

98,70 €

DELF scolaire B2

Xoves 27 de abril de 17.00 a 19.30

117,60 €

Traballando no horto

O alumnado de 1º ESO acudiu esta semana ao horto acompañado pola súa profesora de Bioloxía, Chus Gómez. 

Os rapaces prepararon a terra e plantaron leitugas, chícharos e allos porros. 

Agora, coidarán das verduras para que medren fortes e saudables, e así poder degustalas na cafetería do centro.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Traballando no horto

Teatro "Miss Docet"

O alumnado dos clubs de lectura do centro puido gozar de Miss Docet, obra teatral con texto de María Reimóndez e dirección de Vanessa Sotelo.

Este novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España galeguista”. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.

Como desfile de voces, ecos e silencios, (Miss Docet) recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Teatro "Miss Docet"

Podcast para a Radio Galega

Alumnos pertencentes ao club de lectura mixto de 4º ESO e 2º de bacharelato, ademais de alumnado representante do proxecto "Na súa memoria, na nosa memoria" (gañador do 1º Premio Ernestina Otero de Igualdade), grabaron na tarde deste mércores 8 de febreiro, un podcast para o espazo Entreliñas do Diario Cultural da Radio Galega.

Os mozos e mozas falaron de libros que leron relacionados co tema da memoria histórica: A nena lectora de Rivas e Suniaga, As malas mulleres de Marilar Alexandre e  A lavandeira de San Simón de Mejuto e Gregores.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Podcast para a Radio Galega

Charla sobre ciberseguridade

O pasado mércores 8 de febreiro, o alumnado de 1º ESO B foi invitado ao Salón de Graos da Deputación de Pontevedra para escoitar unha charla sobre seguridade impartida por Belén Pérez, coordinadora do CCI in Galicia. A información que se lles proporcionou foi moi interesante e esperamos que serva para que aprenderan a realizar un bo uso dos medios dixitais.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla sobre ciberseguridade

A comida do futuro

O alumnado de 2º da E.S.O., en concreto o grupo D, participou o pasado venres, 3 de febreiro, nunha experiencia gastronómica organizada polo Departamento de Inglés.

A idea partiu do propio alumnado que, logo de ver un vídeo sobre a comida do futuro no que aparecían diferentes produtos alimentarios como algas, comida impresa en 3D, carne producida no laboratorio a partir de células nai e insectos, propuxeron unha cata de insectos.

A cata consistiu en 3 produtos elaborados con insectos: grilos bañados en chocolate, chips de grilo con sabor a allo e sementes con froitas e vermes da fariña.

Trala cata o alumnado cubriu unha enquisa da que se tiraron as conclusións que se amosan na gráfica.

Sen dúbida, a cata de insectos  foi unha experiencia gastronómica atípica. Porén, non foi de todo mal tal e como reflicten os datos. O alumnado animouse a probar os produtos nos que os insectos non eran visibles. De feito, a  semente con froitos e vermes só foi probada por unha valente alumna que dixo que estaban "boísimos".

O factor asco ou ick factor  está moi presente na nosa cultura. Pero, comerán os descendentes deste alumnado estes produtos no futuro?

Quen sabe. O que é seguro é que os insectos son unha fonte de proteínas barata e ecolóxica que xa está presente en moitos países.

O tempo dirá se a  cultura occidental acabará por incluír estes animaliños na nosa dieta.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> A comida do futuro
Distribuir contido


by Dr. Radut