Skip to Content

Nunca Máis

O 13 de novembro de 2002 o capitán do Prestige escoitou un forte golpe, como unha explosión, e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente  á vez que observaba a saída do fuel polos zapóns da cuberta. Unha vía de auga afectaba a dous tanques de lastre de estribor. Temendo que o barco afundise, solicitou ás 15.15 horas a axuda dos servizos de rescate españois, agardando poder refuxiarse nun porto. 

Así comezou unha longa tempada na que Galicia viviu un dos peores momentos da súa historia.

O noso alumnado do Club Contra o Cambio Climático quixo lembrar este día entregando uns folletos á entrada do instituto para concienciar aos seus compañeiros de que non debemos esquecer, que debemos ter sempre presente este pesadelo para que non volva suceder.

 Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Nunca máis

Tres rúas para 3 mulleres

Aquí deixamos unha mostra en vídeo coas palabras das nosas alumnas na acto deste sábado 5 de novembro, no cal  tres rúas pontevedresas recibiron o nome de tres de mulleres importantes na nosa historia. O recoñecemento foi tardío, pero chegou.

Tres rúas para tres mulleres

O sábado 5 de Novembro, o Concello de Pontevedra organizou un acto para celebrar a inauguración de tres novas rúas da vila; esta rúas reciben nome de muller coa fin de visibilizar as súas figuras históricas e o seu perfil de pioneiras, loitadoras pola igualdade ou mesmo represaliadas e perseguidas: Vasquida García (menciñeira acusada de bruxaría no século XVI), Dolores Trabado (pioneira da condución) e Ernestina Otero (profesora represaliada).

O acto consistiu nunha intervención do Sr. Alcalde de Pontevedra, nas intervencións dos familiares das homenaxeadas e unha dramatización arredor das historias destas, protagonizadas por un marabilloso trío de alumnas de 1º de bacharelato: María Araujo no papel de Vasquida García, Carmen Fernández-Arruti no papel de Dolores Trabado e Cristina Gómez no papel de Ernestina Otero, dirixidas por Tero Rodríguez que soubo sacar as mellores cualidades interpretativas das mozas. Acompañou o acto a Banda de saxofóns de Redondela, mozos e mozas que coa súa directora puxeron broche de ouro musical á esta posta en escea.

A interpretación das rapazas foi entrañable, emotiva e mesmo espectacular pois nos impresionaron coas súas dotes dramáticas sendo tan novas e sen experiencia; as súas voces foron quen de conmover aos asistentes talmente como se estiveramos escoitando ás donas protagonistas da homenaxe.

Amosaron ser xoves profesionais e responsables dos seus papeis polo que recibiron felicitacións do Sr. Alcalde (que tivo unha fermosas palabras para elas e para o instituto), a Sra. Concelleira de Cultura, dos familiares das donas protagonistas das rúas (que quixeron fotografarse coas mozas, “a súa avoa” como ben dixo o neto de Ernestina) e de todos os asistentes.

Parabéns para elas, as alumnas, que nos achegaron ás grandes mulleres que dan nome ás rúas de Pontevedra e que nos fixeron emocionarnos e sentírmonos ben orgullosas delas.

 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Tres rúas para tres mulleres

Visita á cidade de Ourense

O alumnado de 2º ESO que cursa Relixión realizou unha saída á cidade de Ourense e á súa catedral o xoves pasado, día 3 de novembro. Pola ledicia que mostran ao pé das Burgas, parece que quedaron encantados coa visita.

 

 

Cuatro corazones con freno y marcha atrás

Mañán, xoves 3 de novembro, o Grupo de Teatro de Profesorado Sánchez Cantón, representará por última vez nos escenarios pontevedreses a obra de Enrique Jardiel Poncela "Cuatro corazones con freno y marcha atrás". Aproveiten a oportunidade para pasar un bo rato e rir coma nenos. 

A cafetería do instituto permanecerá aberta entre as 19:00 e 20:00 horas.

 

 

Samáin 2022

Estes dous últimos días aconteceron feitos misteriosos no instituto. Tan estranos resultaron os sucesos, que os medios de comunicación fixéronse eco e publicaron o  testemuño do que aquí estivo pasando. Confiamos en que despois da ponte do día de Defuntos, estes visitantes dunha dimensión descoñecida teñan regresado aos seus mundos e a normalidade volva ás aulas.

https://www.pontevedraviva.com/xeral/89666/otro-dia-clase-terrorifico-divertido/?s=08

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2022/10/27/diez-minutos-miedo-antiguo-cine-recreacion-alumnos-ies-sanchez-canton-pontevedra/00031666864042822579499.htm

Pica na foto para ver este terrorífico álbum

 

Álbum: Actividades -> Samaín 2022

Atapuerca 2022

Hoxe regresa a casa o alumnado de 1º de bacharelato que o luns emprendía viaxe a Atapuerca, en Burgos. Aquí deixamos unha pequena mostra do que supuxo esta experiencia para eles.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Atapuerca

Intercambio de libros

 

  A Biblioteca Charo Sánchez-Gabriel do IES SÁNCHEZ CANTÓN organiza unha actividade de INTERCAMBIO DE LIBROS ENTRE LECTORES.

    Se tés na casa un libro que xa non queres conservar, podes participar nesta actividade e conseguir outro. Deixando un libro recibirase un vale que permitirá recoller o outro libro tras a representación da obra Cuatro corazones con freno y marcha atrás do GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES que terá lugar o día 3 de novembro de 2022 ás 20:00 horas.

     Esta actividade está aberta a alumnado, profesorado, familias e PAS do centro.

    Para maior comodidade pódense ir deixando os libros na biblioteca antes do día da representación da obra. 

Charla do Banco de Alimentos de Pontevedra

Este venres 21 de outubro, visitaron o centro os representantes do Banco de Alimentos de Pontevedra para informar ao alumnado de 1º de bacharelato da campaña nos supermercados que se realizará os días 25 e 26 de novembro, para a cal solicitaron a súa axuda.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla Banco de Alimentos

Cora Velasco, madriña da promoción de 2022

O pasado venres 7 de outubro, a cantante e actriz Cora Velasco amadriñou á promoción de 2022. O alumnado de 1º ESO preparou un recibimento digno da súa madriña: elaboraron unha presentación na que reflictiron a súa vida e a súa obra e prepararon preguntas para ela, preguntas que a madriña contestou con moita paciencia e moito agarimo. Este vídeo é unha pequena mostra do que sucedeu no paraninfo do IES Sánchez Cantón, momentos de risas e emoción para todos os que alí estivemos.

 

Os xornais máis relevantes fixéronse eco desta noticia.

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/10/07/cora-velasco-madrina-alumnado-ies-76989633.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2022/10/08/cora-velasco-vuelve-sua-casa-madrina-126-alumnos/0003_202210P8C4991.htm

 Ademais adicou aos pequenos unha fermosa canción, que cantou a capela, deixándoos a todos abraiados. Non se escoitaba nada máis que a súa voz.

E logo, participou da ledicia dos nenos acompañando o seu cantar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut