Skip to Content

Homenaxe a Xosé Luís Janeiro

Hoxe, 16 de xuño, celebramos a xubilación de Xosé Luís Janeiro, compañeiro querido, que nos deixa a final deste curso para desfrutar do seu tempo libre. Agora, por fin terá ese tempo tan necesario para desenvolver as múltiples aficións que posúe. A pegada que deixa no Sánchez Cantón é imborrable. Aquí sempre terá o seu lugar acolledor. Parabéns pola nova vida!

Fase final do Parlamento Xove

Este venres 17 de xuño, Uxío Juncal, Javier Hermida, Sabela Rivas e Sara Vázquez, alumnos de 1º de bacharelato que forman o equipo do IES Sánchez Cantón clasificado para a fase final do Parlamento Xove, participarán nos cuartos de final ás 17:00 h. Poderán seguir este debate na seguinte ligazón:

SALA B: https://www.youtube.com/watch?v=deXb53Sficg

Visita á Illa de San Simón e as Salinas de Ulló

O alumnado que pertence aos Clubs de Lectura, ao Equipo de Normalización Lingüística (EDLG) e ao Comité de Igualdade, realizou unha visita á illa de San Simón, lugar tristemente ligado á memoria histórica, e posteriormente acudiu ás Salinas de Ulló en Vilaboa, para coñecer unha importante mostra do patrimonio cultural que conservamos preto de Pontevedra.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Illa de San Simón e Salinas de Ulló

Limpeza da praia da Lanzada

O pasado venres, día 10 de xuño, o alumnado do Club Contra o Cambio Climático realizou unha importante tarefa en colaboración co alumnado do mesmo Club do IES Frei Martín Sarmiento. 50 alumnos de ambos centros, acompañados por 4 profesores, emprenderon camiño en dirección á Lanzada co obxectivo de limpar esa praia tan visitada durante todo o ano. Grazas a todos por este traballo colaborativo en beneficio da comunidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Limpeza da praia da Lanzada

Manuel Casalderrey, Premio de Divulgación Científica 2022 da Real Academia Galega de Ciencias

O IES Sánchez Cantón non pode deixar de unirse ás felicitacións adicadas a un dos profesores máis ilustres que impartiron docencia nas súas aulas: Manuel Luis Casalderrey García. O catedrático de química ven de recibir esta semana o Premio de Divulgación Científica 2022 da Real Academia Galega de Ciencias. Parabéns en nome de toda a comunidade educativa do IES Sánchez Cantón.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2022/06/09/quimico-manuel-casalderrey-premio-divulgacion-cientifica-2022-real-academia-galega-ciencias/00031654784253715357535.htm

 

Roteiro en Pontevedra

O alumnado de Filosofía e Lingua Galega de 4º ESO realizou un roteiro pola cidade de Pontevedra o martes 7 de xuño, para coñecer mellor o noso patrimonio histórico.

Placa de Honor da Orde de Alfonso X, o sabio

Este martes 31 de maio, o director do IES Sánchez Cantón, Carlos Rodríguez Blanco, recibiu de mans da ministra Pilar Alegría, a Placa de Honor da Orde de Alfonso X,o sabio.

Esta distinción foille outorgada a este centro pola súa longa traxectoria académica e educativa, a cal abrangue 177 anos de historia. 

Os outros centros galegos premiados foron: o Ramón Otero Pedrayo de Ourense, o Xelmírez I de Santiago de Compostela e o Eusebio da Guarda de A Coruña.

Neste enlace poderán  ver as fotos realizadas polo fotógrafo do Ministerio de Educación. 

https://www.flickr.com/photos/146105941@N03/albums/72177720299406502

Pica na foto para ver o pequeno álbum realizado polos asistentes ao acto de entrega

 

Álbum: Curso 21/22 -> Placa da Orde de Alfonso X, o sabio

EXAMES FINAL DE CICLO (BALÓNMÁN NIVEL 3)

 

 

Logo premiado no concurso do Club de Ciencia

O concurso proposto para elaborar o logo do Museo de Ciencia, convocado meses atrás, xa ten unha gañadora: Paloma Solla Villanueva, de 2º bacharelato C. Reproducimos as palabras da propia autora que  explican o seu deseño: "Escollín o Nautilus porque é un dos fósiles máis carismáticos e ten varias lecturas. Por unha banda, representa a proporción áurea, que é un concepto que une as Matemáticas, a Bioloxía e a Xeometría. E por outro lado, simboliza a evolución e a historia dos seres vivos. A súa estructura é xeométricamente perfecta e as manchas danlle un carácter orgánico."

Sentímonos moi orgullosos do traballo de Paloma, pero tamén de todo aquel alumnado que se presentou e non obtivo o premio final. É moi gratificante comprobar como o noso alumnado se mostra activo e creativo. E por iso, aplaudimos a todos os que presentaron o seu emblema a este concurso.

Queremos agradecer tamén á axuda brindada por Jaime Rodríguez Abilleira, sempre profesor deste centro, aínda que estea xubilado, que adaptou o logo ás necesidades do noso Museo. 

Parabéns, Paloma!!! A túa pegada sempre estará con nós, grazas ao teu deseño.

Axudas para libros de texto e material escolar

Publicada no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut