Skip to Content

Viaxe a Marsella

Alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia de Francés está a realizar durante estes días una viaxe a Marsella para coñecer a capital do departamento de Bouches-du-Rhône e da rexión da Provenza-Alpes-Costa Azul. Neste álbum iremos deixando reflictido o día a día desta marabillosa experiencia. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Viaxe a Marsella

Intercambio con Bonn

Os 19 alumnos e alumnas de 1º bacharelato que están en Bonn realizando un intercambio co alumnado do instituto Helmholtz-Gymnasium, parece que desfrutan da súa estancia. As fotos mostran alegría e cordialidade. Cando regresen contaránnos todas a súas experiencias en primeira persoa, pero polo momento debemos conformarnos con estas instantáneas dos momentos vividos no instituto e na cidade de Colonia, onde visitaron a catedral, as rúas e prazas e tamén o Cuartel Xeral da Gestapo. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Intercambio con Bonn

Día da Auga

O alumnado pertencente ao Club contra o cambio Climático celebrou onte o Día da Auga denunciando a situación de escasez e contaminación que sofren as augas deste planeta no que vivimos. 

Para iso, realizaron unha performance á hora da entrada do instituto denunciando a cantidade de basuras que tiramos ás nosas augas, producindo un desastre natural sen precedentes na historia.

Ás 10:00 da mañán reuníronse no paraninfo os representantes dos Clubs contra o Cambio Climático de diversos centros do concello para escoitar unha charla do presidente da Asociación ecoloxista "Vai polo río".

E finalmente, ás 10:45 h., saíron todos para levar a cabo a limpeza das márxenes do río Gafos e ademais, plantar uns carballos que levaban medrando no noso horto durante 3 anos.

Noraboa a todo o alumnado e profesorado comprometido que realizan un traballo solidario necesario para a sociedade e o planeta.

 A prensa tamén se fixo eco desta marabillosa inicativa.

https://pontevedraviva.com/xeral/93647/estudantes-rio-gafos-cando-ves-aqui-ves-todo-lixo-entendes-hai-facer-algo/ 

https://www.diariodepontevedra.es/video/pontevedra/tropa-do-clima-volve-accion/202303221246481245608.html

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/03/20/200-alumnos-seis-institutos-participaran-84902880.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2023/03/20/doscientos-alumnos-seis-institutos-pontevedreses-plantaran-carballos-gafos/0003_202303P20C1994.htm

Álbum: Actividades -> Día da Auga

Sara Seco Rial, tiktoker

O 20 de marzo, visitounos Sara Seco Rial (@sarasecorial) xestora de proxectos na Mesa pola Normalización Lingüística e tiktoker.

Esta iniciativa foi favorecida polo SNL do concello de Pontevedra e resultou ser unha charla moi interesante, ademais de divertida, para o alumnado de 2º ESO. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Sara Seco, tiktoker

St. Patricks day

O Departamento de Inglés uniuse á celebración do día de San Patricio este venres 17 de marzo. 

Para conmemoralo, aledaron o vestíbulo do centro cunha fermosa exposición cultural sobre Irlanda. O alumnado participou respostando a un cuestionario elaborado coa información que se atopaba nos paneis.

Ademais, o alumnado de 1º ESO grabou un vídeo explicativo sobre a festividade.

Álbum: Actividades -> St. Patricks day

Sara García Rodríguez de 2º bacharelato, acada o 2º posto na Olimpiada de Xeografía

O pasado xoves, 9 de marzo, tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da USC o certame da XIV Olimpiada de Xeografía, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato.

A olimpiada consiste nunha proba de 50 preguntas tipo test nas que deben respostar a cuestións relacionadas co temario que están a estudar no curso actual de Xeografía. A este evento presentáronse preto de 70 alumnos de diversos institutos de Galicia. Cada centro podería presentar ata 7 concursantes. No noso caso acudiron catro alumnos apadriñados polo profesor Humberto Martínez Gargamala que foi o promotor da participación do noso centro no evento. Eses alumnos foron: Belén García Dios, Sara García Rodríguez, Yago Hevia Otero e Carlos Pérez Krsticevic.  A competición foi individual, pero ao seu remate, os nosos representantes saíron bastante contentos da proba. Tanto foi así, que a alumna Sara García Rodríguez acadou o 2º posto do certame.

Só os tres primeiros clasificados recibiron premio, así que podedes imaxinar a enorme ledicia que supuso para a nosa delegación ter obtido premio entre tanto participante. As felicitacións sinceras dos compañeiros e da propia organización cara a nosa campiona en medio do paraninfo da facultade quedan recollidas nas imaxes que acompañamos a esta reseña. 

Parabéns merecidas para esa alumna excelente que é Sara García!!. Unha satisfacción ter alumnado desta categoría.Grazas.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Olimpiada de Xeografía

Roteiro "Memoria de elefanta"

Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e 4º ESO D realizaron o luns 6 e o martes 7 un roteiro relacionado coa memoria histórica ao frente do cal estivo Mª Xesús López Escudeiro.

Durante o paseo, situou aos rapaces e rapazas no contexto histórico: informou sobre o golpe de estado de 1936 e sobre a represión posterior na cidade de Pontevedra e nas parroquias de Lérez, Mourente e Salcedo. Xuntos, localizaron espazos e feitos, mentres Mª Xesús López Escudeiro falaba de represaliados pontevedreses como Alexandre Bóveda ou varias mulleres, entre elas Josefina Arruty, mulleres que sufriron rapas de cabeza e violacións, entre outros terribles agravios.

Pola súa parte, o alumnado leu textos escritos polos represaliados, coma por exemplo, a carta da despedida de Bóveda á súa muller.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Roteiro "Memoria de elefanta"

Viaxe a Pena Aventura

Aquí deixamos información relevante sobre a viaxe de fin de etapa a Pena Aventura en Portugal.

Pique no seguinte enlace para realizar a reserva: https://usuarios.unicampus.es/crearusuario.php

Debe inscribirse cos seguintes datos e seguir os pasos que aparecen a continuación:

Grupo: 9004

Contrasinal: SAN2023                   

PASOS A SEGUIR:

1) Cubrimos los datos del viajero en https://usuarios.unicampus.es/crearusuario.php

2) Validamos el perfil en el correo del padre/madre/tutor 

3) Iniciamos sesión y realizamos el primer pago en https://usuarios.unicampus.es

Se teñen calquera dúbida poden consultala chamando ao teléfono 642285882 ou escribindo ao correo: info@firsttrip.es

 Ligazón ao documento

 

 

 

 

 

 

Plantando árbores con pinceis

Este mércores 1 de  marzo, axudamos a que a primaveira chegue ao instituto e permaneza nel durante moito tempo, pois o alumnado de 2º bacharelato de Debuxo Artístico e o de 4º ESO de Educación Plástica, coordinado pola súa profesora Aina Climent e coa Asociación "Vella Escola", realizou un mural que alegrará a chegada ao patio de todos os rapaces e rapazas.

Ademais, cada alumno e alumna de ESO e Bacharelato decorou unha bolsa de tela cun deseño de propia creación.

Esta actividade está enmarcada dentro das que realiza o Club Contra o Cambio Climático do noso centro. Seguindo a nosa liña, contribuimos co medio ambiente: cada metro de parede pintado equivale a plantar unha árbore, pois a pintura fotocatalítica é sostible porque absorbe CO2.

Aquí deixamos unha mostra do traballo desenvolvido ao longo desta mañán.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Plantando árbores con pinceis

Carreira Sánchez Cantón versus Valle Inclán

O mércores 1 de marzo, comezamos o mes, a primeira horiña, poñéndonos en forma para afrontar a última parte do trimestre.

Todo o alumnado da ESO do IES Sánchez Cantón e do IES Valle Inclán, por primeira vez na súa historia, participou nunha competición fraternal de atletismo. Os máis pequenos (1º e 2º ESO) correron 1000 metros, e 2000 metros os maiores (3º e 4º ESO). Agradecemos ao alumnado de TSEASD a súa colaboración inestimable na organización desta actividade.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/deporte-local-pontevedra/valle-sanchez-pioneiros-carreiras/202303021441561242624.html?utm_source=social&utm_medium=whatsapp&utm_campaign=share_button

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Carreira Sánchez Cantón versus Valle Inclán
Distribuir contido


by Dr. Radut