Skip to Content

Encontro literario con Nee Barros

O Salón do Libro 2023 está proporcionando moitas actividades interesantes ao noso alumnado. Nesta ocasión, o  alumnado asistente ao encontro literario con Nee Barros forma parte dos clubs de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato.

O encontro coa escritora centrouse na súa obra Nom estamos quebrades, que acaba de gañar o premio de narrativa infantil e xuvenil María Vitoria Moreno.  

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Encontro con Nee Barros

A maleta lila, con Cris de Caldas

 O pasado luns, 24 de abril, o alumnado do CI (Comité de Igualdade) e do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) gozou dunha sesión de contacontos a cargo de Cris de Caldas, que ademais  impartiu un Obradoiro de Contacontos con temática de igualdade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> A maleta lila

Salón do Libro 2023: Santiago Lopo

O xoves 27 de abril, alumnado dos Clubs de Lectura de 1º e 2º ESO asisitiu a un encontro lector co escritor Santiago Lopo arredor da obra Game Over.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Salón do libro 2023: Santiago Lopo

Festa dos Clubs de Lectura 2023

Este luns 24 de abril, alumnas axudantes de biblioteca e alumnado dos Clubs de Lectura de 1º e 2º ESO achegáronse ao Salón do Libro 2023 para participar na Festa de Clubs de Lectura. Compartiron con alumnos e alumnas de Clubs de Lectura doutros centros de secundaria de Pontevedra esta celebración, que culminou cunha actuación das poetas María Lado e Lucía Aldao.

Posteriormente, asistiron a un encontro coa escritora Emma Pedreira quen realizou unha actividade titulada "Os libros que hai en min", un paseo pola historia do libro e os libros raros.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Salón do libro 2023: Emma Pedreira

Premios extraordinario ESO

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

 

Publicación da ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311D).

 

Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de ESO no curso 2022/23 no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, fose proposto para título e obtivese unha nota media nos catro cursos de ESO igual ou superior a 9,00.

 

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023

 

Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con un máximo de 1.000 €.

Xogando á petanca

O pasado xoves 20 o  alumnado de Francés de 2º bacharelato, acompañado pola súa profesora Mar Villaverde, achegouse ao campo de petanca que existe no parque das Palmeiras para aprender de xente experimentada no xogo.

Foi unha hora de colaboración entre maiores e máis novos que resultou moi gratificante para as dúas partes. E para mostra, un botón.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogando á petanca

Semana de acollida do alumnado do instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

Esta semana recibimos no instituto ao alumnado e profesorado de intercambio do instituto Helmholtz- Gymnasium de Bonn que acolleu aos nosos rapaces e rapazas na semana do 23 ao 30 de marzo. 

Durante estes días asistirán a clases de diversas materias, realizarán actividades variadas e coñecerán  lugares de relevancia, grazas á implicación de moito profesorado que axuda actuando de cicerone e transmitindo os seus coñecementos sobre a cultura galega e pontevedresa.

O martes pola mañán foron acollidos no instituto e asistiron a algunhas clases. Realizaron un roteiro literario con alumnado de 1º ESO e acompañados pola profesora Anxos Rial. Despois, participaron nunha sesión de xogos populares no parque das Palmeiras coa profesora de Educación Física, Araceli Dobarro. Posteriormente, asistiron a unha recepción no concello onde coñeceron ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, quen lles explicou como era a nosa cidade e mantivo con eles unha agradable conversa. As fotografías que engadimos ao álbum foron cedidas amablemente polo Diario de Pontevedra e realizadas por Gonzalo García.

Pola tarde, o alumnado alemán, acompañado polos seus compañeiros de acollida e as profesoras Stefanie Bauer e Wendy Kramer realizaron unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra. Os profesores Humberto Martínez e José Luis Rodríguez convertíronse en guías para explicarlles os interesantes fondos que garda o Museo Provincial.

O mércores pola mañán visitaron a catedral e a cidade de Santiago de Compostela, acompañados polos profesores Pablo Alonso e Benito Búa.

O xoves pola tarde fixeron unha escapadiña ata o incomparable Cabo Home para subir ata o Monte do Facho e desfrutar das fermosas vistas das rías de Vigo e Pontevedra, para logo seguir o sendeiro dos faros ata chegar á praia de Melide. Exerceron de guías locais e anfitrións os profesores  Marta Mera, Telmo Silva, Margarita Torres e Rocío Vieites.

Finalmente, o venres pasaron a mañán na biblioteca concluíndo unha serie de proxectos que xa comezaran en Alemaña, rematando a súa estadía no IES Sánchez Cantón cunha comida fraternal no vestíbulo do instituto para despois regresar coas súas familias de acollida.

Confiamos en que a súa estadía fora placentera e que esta aprendizaxe de entendemento entre culturas cercanas pero diferentes, fixera mella no alumnado dun país e doutro, convertíndoos en persoas máis tolerantes, respetuosas e comprensivas cos demais. 

 Neste enlace poderedes acceder ao diario que fixo o alumnado alemán reflictindo a súa estadía en Pontevedra: 

https://tools.fobizz.com/pinboard/public_boards/c05e744c-e9eb-49c8-a28c-409182612951?token=37d2bd8743e88eef54be8f1a80478e17

Álbum: Actividades -> Recepción do alumnado de Bonn

Pena Aventura 2023

O noso alumnado de 4º ESO iniciou hoxe a súa pequena aventura en Portugal.

A primeira parada foi a fermosa cidade de Porto, onde realizaron un roteiro pola cidade visitando pola mañán a Torre dos Clérigos, a libraría  Lello, a Estación de Sao Bento. Pola tarde, embarcaron no cruceiro das 6 pontes para navegar polo río Douro.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Pena Aventura 2023

Día da Muller Investigadora

O pasado venres 31 de marzo, recibimos a catro mulleres investigadoras, expertas en catro campos da ciencia, a innovación e a tecnoloxía: Marián Fernández Villarino (deporte), Eva Lantarón Caeiro (fisioterapia), Beatriz Legerén Lago (videoxogos) e Isabel Pastoriza Santos (nanomateriais).

Acompañáronnos durante un día no que se someteron ás entrevistas do noso alumnado de 4º ESO, que estivo traballando para esta ocasión ao longo de varios meses nos cales realizou un proceso de documentación e tratamento da información, ademáis de aprender as técnicas dun xénero periodístico como é a entrevista.

Tras este intercambio de preguntas-respuestas, realizado nas aulas, as investigadoras ofreceron unas charlas no paraninfo, onde explicaron o traballo que desenvolven e como chegaron a ser especialistas recoñecidas na materia a pesar das dificultades que atoparon no seu camino.

Finalmente, estableceuse un coloquio entre as expertas e o alumnado, que interveu para realizar as preguntas que o tempo permitiu.

A actividade foi coordinada coa Unidade de Cultura Científica e Innovación da Universidade de Vigo e solicitada polo Comité de Igualdade do instituto.

Pica no álbum para ver a foto

Álbum: Actividades -> Día da muller investigadora

Campionato Provincial de Orientación Escolar

O noso alumnado de 2º ESO, que xa se clasificara para a fase final do Campionato Provincial de Orientación Escolar o día 28 de febreiro, acadou un novo éxito conseguindo encher o pódium masculino: Adrián Pazos Caramés ocupou o 1º posto, Aitor Calvo Bugallo o , e Hugo Blanco García o

As rapazas non obtiveron prazas no podium, pero fixeron un gran campionato xa que conseguiron rematar unha carreira de moita dificultade.

Todo un éxito para os nosos alumnos e motivo de orgullo para o centro.

Noraboa!

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Campionato provincial de Orientación
Distribuir contido


by Dr. Radut