Skip to Content

Día da Auga

O alumnado pertencente ao Club contra o cambio Climático celebrou onte o Día da Auga denunciando a situación de escasez e contaminación que sofren as augas deste planeta no que vivimos. 

Para iso, realizaron unha performance á hora da entrada do instituto denunciando a cantidade de basuras que tiramos ás nosas augas, producindo un desastre natural sen precedentes na historia.

Ás 10:00 da mañán reuníronse no paraninfo os representantes dos Clubs contra o Cambio Climático de diversos centros do concello para escoitar unha charla do presidente da Asociación ecoloxista "Vai polo río".

E finalmente, ás 10:45 h., saíron todos para levar a cabo a limpeza das márxenes do río Gafos e ademais, plantar uns carballos que levaban medrando no noso horto durante 3 anos.

Noraboa a todo o alumnado e profesorado comprometido que realizan un traballo solidario necesario para a sociedade e o planeta.

 A prensa tamén se fixo eco desta marabillosa inicativa.

https://pontevedraviva.com/xeral/93647/estudantes-rio-gafos-cando-ves-aqui-ves-todo-lixo-entendes-hai-facer-algo/ 

https://www.diariodepontevedra.es/video/pontevedra/tropa-do-clima-volve-accion/202303221246481245608.html

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/03/20/200-alumnos-seis-institutos-participaran-84902880.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2023/03/20/doscientos-alumnos-seis-institutos-pontevedreses-plantaran-carballos-gafos/0003_202303P20C1994.htm

Álbum: Actividades -> Día da Auga


album | by Dr. Radut