CURSO 21-22: Da cabeza aos pés, do dereito e do revés

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 21-22

 
 
 
 
 
Onte, día 21 de xuño, celebramos a Xornada de Portas Abertas...por fin!!!. Despois de dous cursos sen poder expoñer os nosos proxectos e recibira no centro á comunidade educativa, este final de curso dounos a satisfacción de poder repetir esta experiencia na que cada calse presenta os seus proxectos relacionados coa temática escollida ao inicio de curso ( este ano sobre o corpo humano) e fai unha explicación ao público asistente.
 
En 1º e 3º de primaria trataron o tema dos órganos internos e o esquelete e algún recetario con suxestións ben apetecibles...
 
 

O alumnado de 2.º de EP centrou o seu proxecto na saúde bucodental e, entre outros moitos traballos,  realizou unha maqueta do interior da boca e un experimento con ósos, ovo e vinagre do que podedes ver, no enlace, unha mostra . Os resultados permitíronlle comprender mellor a causa da caries dental e a maneira de evitala.

 VÍDEO 2º PRIMARIA

En 4º de primaria centráronse máis no tema da alimentación saudable.

En 6º presentaron maquetas das células animais e vexetais e aparellos do corpo humano.

O alumnado de 1º de ESO presentou as súas maquetas de ciencias naturais.

En 2º, 3º e 4º de ESO tamén expuxeron as maquetas de Tecnoloxía e montaron as cúpulas de Leonardo.



 VÍDEOS TECNOLOXÍA 2º ESO

O alumnado de primaria elaborou instrumentos musicais feitos con material de refugallo e tamén traballos "bilingual" por parte da mestra de inglés.

       


 

Houbo tamén concursos de "Rosco das Partes do Corpo", xogo interactivo con preguntas sobre a temática do proxecto anual, stand de  tatuaxes realizados polo alumnado de 4º de ESO, sesións de photocall do cal tedes mais info no noso Facebook.....

 

ENLACE AO VÍDEO DO PHOTOCALL

 

Tamén contamos con recomendacións e empréstito de libros da biblio para o verán.

 

 
Houbo moitos proxectos expostos e tamén concertos e actuación do noso grupiño de primaria Airiños de Baleirón.
 
 

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

VI SESIÓN MUS-E

Hoxe desenvolvemos a VI e última sesión MUS-E deste curso. Para despedirnos, puxemos en práctica a dinámica da ducha e compartimos c@s compañeir@s as sensacións percibidas: mirada hacia dentro, intercambio de calor e enerxía,... 

Grazas a estas propostas aprendemos a dar e recibir e a coidarnos mutuamente.

Moitas grazas  Xus! Vémonos o próximo curso!

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEO

VÍDEO EDUCATIVO SOBRE O CORPO HUMANO 5º EP

 

O alumnado de 5º fixo unha exposición oral do seu traballo sobre a temática do proxecto de centro deste curso, o corpo humano, que foi recollido en audiovisual.

No enlace podedes ver o vídeo:

VÍDEO

PUZZLE ANATÓMINCO EN 3º EP

Con este proxecto, o corpo humano, do dereito e do revés,teño a cabeza nos pés, o alumnado de 3º de primaria elaborou un puzzle coas diferentes partes da anatomía do corpo humano.

GALERÍA DE FOTOS

 

ÓRGANOS DO CORPO

O alumnado de 3º de primaria realizou un proxecto interdisciplinar no que crearon os principais órganos do corpo humano con diferentes materias. Estes órganos poñeranse nun "Chaleco" de xeito que nenos e nenas poidan "vestirse cos seus órganos".

Para realizar este traballo, aplicamos todos os coñecementos que aprendemos  durante o primeiro trimestre. Pasámolo xenial , esperamos que vos guste.

 

GALERÍA DE FOTOS

RECETARIO DE 3º DE PRIMARIA

 

 

 

O alumnado de terceiro de primaria elaboramos dous libros de receitas de cocina dignas dunha(ou dúas) estrelas Michelín. Podedes degustar dende segundos pratos ata pratos de sobremesa.

Todas elas son sinxelas de facer, recomendamos que as poñades en prácticas. Xa nos comentaredes  e bo proveito!!!

DOCUMENTO COMPLETO NOS ENLACES:

RECETAS DE SEGUNDOS PRATOS

SOBREMESAS

 

A NOSA SAÚDE

 

 

  

Coa axuda da profe Marga, os alumnos e alumnas de 3º de primaria mergullámonos no noso historial médico.....de amigdalites houbo dabondo!!

Indagade no noso historial particular:

 DOCUMENTO COMPLETO NO ENLACE:

A NOSA SAÚDE

PRÁCTICAS DE LABORATORIO EN 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO realizou unhas prácticas de laboratorio para a  identificación dos compoñentes dos alimentos. Resultou moi interesante!!!.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

V SESIÓN MUS-E

Na quinta sesión MUS-E continuamos traballando o movemento asociado á manifestación das emocións. Engadimos unha actividade con panos de cores que nos facilitaban a expresión. Ao remate,  coa axuda dos paniños, un compañeir@ e unha música relaxante, marchamos para clase tranquilos e sosegados.

Agardamos con ilusión a que chegue o vindeiro venres!

 

GALERÍA DE FOTOS

 

Powered by Drupal - Design by artinet