Curso 24.25: "Empatía"

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

 

O vindeiro día 26 de setembro o noso centro celebrará o Día Europeo das Linguas cunha actividade conxunta da que vos mostraremos o resultado.

As actividade consistirá no recollido no enlace:

https://drive.google.com/file/d/1qQfi57CKdLiplg6GEBn2C9w6NLY00eIc/view?usp=sharing

O 26 de setembro de 2024, desde Primaria ata Secundaria en colaboración cos departamentos de linguas e a nosa biblioteca dedicamos unhas horas a concienciar da importancia da multitude de falas veciñas. Un bo resumo son os collages do alumnado e a interesante charla que o profesor universitario Robert Neal Baxter dou na biblioteca. Presentouno Saleta (4º ESO en inglés) Sara, Sabela, Lara, Xulia (3º ESO francés) Noa e Mateo (1º ESO portugués). O profesor de tradución e interpretación da UVI dixo que as linguas son máis que palabras e gramática son culturas dos pobos.


GALERÍA DE FOTOS

 

Powered by Drupal - Design by artinet