Plan Proxecta 20-21:PDC

SUXESTIÓN SAUDABLES

Adxuntamos enlaces de interese sobre saúde e actividade física  onde podedes consultar información variada para que os interesados curioseen e atopen información útil sobre diversos temas como, actividade física, saúde, nutrición, deporte, eventos deportivos, mapa virtual para buscar onde facer diferentes actividades en Galicia, enlace á OMS,... e moitas cousas máis:

 

 
 
 

 

BOLOS EN MANSELLE

Desprazámonos a Manselle a xogar aos bolos, profes e o técnico municipal de deportes, co obxectivo de introducir nas aulas este deporte tradicional que se está a recuperar no Concello; chegou a choiva nos últimos días do curso e non puidemos xogar no cole, pero queda todo listo para o próximo curso.

 

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixemos unha saída didáctica en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Visitamos as instalacións do clube, practicamos piragüismo no Ulla, fixemos un roteiro de sendeirismo ata as Torres e ata nos deu tempo a xogar no parque, na praia fluvial e bañarnos no río. Pasámolo moi ben practicando este deporte!

 
Agradecemos ao clube a boa disposición e sobre todo a Carla e David, os monitores que nos atenderon en todo momento.

Lembrade que podedes inscribirvos no curso de iniciación que se vai desenvolver ao longo dos meses de verán.

     Tod@s a gozar do piragüismo!

GALERÍA DE FOTOS

 

ESPLENDOR NA HORTA

A nosa horta loce estupendos repolos, allo porro, espinacas, cenorias,... 

  

 

 

 

Xa estamos pensando na mellor maneira para degustar estas estupendas verduras! 

A alguén se lle ocorre algunha idea?

 

 

 

 

ESTOUPAMOS OS PATIOS!!!!!

Hoxe, como despedida, a actividade nos patios dinámicos consisitiu nunha "andaina explosiva"....os xogos con globos resultaron ser moi motivadores e divertidos aínda que houbo andaina e moitas outras variantes da actividade.

O importante, coma sempre, a inclusión e, como non, a diversión.


 GRAZAS A AMICOS POLA SÚA COLABORACIÓN AO LONGO DESTE COMPLICADO CURSO E GRAZAS TAMÉN AO PROFESORADO POLO SEU ESFORZO E ADICACIÓN!!!

GALERÍA DE FOTOS

 

PRIMEIROS AUXILIOS

O alumnado do centro realizou unha interesante e moi útil actividade sobre primeios auxilios guiado por persoal de Proteción Civil de Padrón  a quen agradecemos a súa colaboración.

Nesta actividade aprenderon técnicas de atención e primeiros auxilios en situacións de emerxencia.


 

GALERÍA DE FOTOS

DODRO LIMPO DE CABICHAS

 

O día 6 de abril, xusto á volta da Pascua, o alumnado de 3º de ESO e de 5º de Primaria participou nunha actividade organizada polo concello de Dodro que consuistiu na recollida de cabichas e unha charla para concienciar sobre os efectos nocivos do tabaco e a súa pegada ambiental.

 

Nos enlaces aos carteis podedes ver as proposta do concello e as actividades que se tratan na aula:

CARTEL DA ACTIVIDADE

CARTEL EXPOSICIÓN AULA

 

Resultou unha actividade moi instrutiva e amena.

GALERÍA FOTOS EP

GALERÍA FOTOS ESO

 

A HORTA EN PRIMAVERA

O bo tempo senta de marabilla a toda a natureza. Mirade que ben locen as plantas na nosa horta:

BRÓCOLI

AMORODOS

REPOLO

LEITUGA

CENORIAS

SEMENTES DE PAKSOI CÁSEQUE LISTAS PARA A COLLEITA

Xa estamos pensando nunha nova xornada de degustación!

DE ANDAINA POLAS BRAÑAS

Onte o alumnado de 5º e hoxe o de 3º fixemos unha andaina polas Brañas co obxectivo de coñecer o entorno que rodea o noso cole, aprender a diferenciar diferentes especies vexetais e animais ao mesmo tempo que practicamos deporte.

Ao longo do percorrido puidemos observar plantas e árbores autóctonos e tamén especies invasoras e aprendemos algunhas curiosidades que non sabiamos. Tamén fomos conscientes do impacto ambiental que ocasionamos coa construción das estradas, as liñas eléctricas, os residuos vertidos,... e colaboramos na súa recollida, co cal deixamos as brañas un pouco máis limpas. Houbo tempo para merendar e xogar un ratiño no parque do Bosque, para ver, escoitar, ulir e conectar emocionalmente coa terra e os seres vivos.

E o máis importante: vimos o valor que ten coñecer, coidar e respectar a natureza que nos rodea e transmitir a tod@s ese coidado e respecto.

GALERÍA FOTOS

TODOS COLABORAMOS

@s nen@s de segundo tamén colaboramos na horta plantando e regando, que estes días fixo moito calooooorr! Guay

Tivemos unha mañá estupenda para gozar do traballo na terra, xogar e coidar a nosa contorna.

 

Powered by Drupal - Design by artinet