Plan Proxecta 20-21:PDC

COMPOSTEIRO

Xa temos instalado o novo composteiro. Está na entrada do edificio de Primaria, debaixo do loureiro real.

Aquí o temos agardando polos residuos orgánicos das nosas merendas.

Déixovos un ENLACE no que podedes aprender cuestións importantes sobre a compostaxe.

5º MEDRANDO NA HORTA!

 O venres o alumnado de 5º saímos para a sementeira, o debate sobre os cultivos foi intenso, finalmente decidimos plantar repolos, cebolas, porros e leitugas. Agora a seguilas coidando e velas medrar!

 

 

k

O VERÁN DE SAN MARTIÑO

A mañá da víspera de san Martiño presentouse ideal para saír ao horto a plantar.

 Aquí estamos @s nen@s de 4º preparados para a tarefa:

E aquí @s alumn@s de sexto que, mentras plantaban, resolvían problemas matemáticos. A ver se ti sabes calcular a superficie deste terreo que mide 170cm de longo por 120cm de ancho. Sabes ou non?

E despois de plantar espinacas, mostaza e paksoi que trouxo a profe Jose da súa horta lucimos así de contentos. Traballo feito e nós satisfeitos!

@S NEN@S DE TERCEIRO SEMENTAMOS

Hoxe, venres 6 de novembro, tocounos aos nen@s de 3º saír ao horto. Aproveitamos a mañá estupenda para sementar cenorias, allo porro e acelgas. Tamén puxemos unhas plantas de amorodo que nos trouxo Manuel Tejo da súa horta. Moitas grazas, Manuel!

O traballo na horta permítenos investigar sobre moitos aspectos da natureza. Sabedes como se chama este animal? E sabedes como se reproduce? Ale! a buscar info!

Aquí, saudando antes de empezar a tarefa. Mirade que ben loce o noso patio! 

 

E como traballamos tan ben, aínda nos sobrou tempo para botar unha carreiriña pola herba.

Estaremos atentos ás nosas sementes, a ver se a chuvia que caeu despois lles sentou ben Guiño

 

1º e 2º PLANTAMOS

Durante a mañá deste xoves @s nen@s de 1º e 2º saímos ao horto e plantamos coliflor, brócoli, cebolo e porros.

Velaquí estamos gozando en plena tarefa:

Agora, a esperar que prendan. Estaremos atentos!

 LEMBRAMOS QUE TODAS AS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE PRIMARIA SON PUBLICADAS NO APARTADO DE "PRIMARIA-ACTIVIDADES".

ORGULLOS@S DAS NOSAS RAÍCES

Aproveitando a mañá solleira do mércores as nenas e nenos de 5º saímos a preparar a horta, sacar herbas, aprender sobre raíces, miñocas e outros seres, abonar e decidir o que imos sementar! 

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

As nenas e nenos de 3º EP traballamos a alimentación saudable, e como? Elaboramos unha pirámide alimenticia a partir dos catálogos de supermercados. Así tamén vemos os prezos e as cantidades, o mesmo que facemos cando imos á compra!
Mirade como nos quedaron! 

 

 

 

POSTA A PUNTO

Hoxe tocounos comezar a posta a punto dos nosos hortos. O alumnado de 6º non dubidou en agarrar o sacho e meter as mans na terra para arrancar as malas herbas.

 A experiencia tamén nos serviu para lembrar conceptos de CCNN e mates pois estivemos investigando os componentes do abono co que fertilizamos a terra.

 

 

 

 Durante o traballo atopamos algún amigo despistado que fuxiu a toda présa:

 Tivemos unha mañá de sol estupenda para o traballo. Podedes vernos aquí lucindo as nosas mans cheíñas de terra.

EMPEZAMOS!

Pasamos revista ao noso horto, despois dunha looooonga pausa, e isto é o que atopamos:

 

Peroooooo, nas tres fotos que seguen atoparemos un tesouro en cada unha, fixádevos ben!

 

 

 

Temos as ferramentas á espera, aproveitaremos os días de sol para botar a andar o noso horto.

 

 

Ánimos chic@s!

Powered by Drupal - Design by artinet