O noso colexio traballou durante todo este curso a educación alimentaria baixo o lema “Come ben, come san”.
As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
1-REPARTO DE FROITA
Alumnos: todolos de primaria e secundaria durante catro semanas
2- ALMORZO SAN:
Alumnos: 1º,2º,3º,6º
Alimentos: zumo de laranxa natural (colaboración dos de 6º para exprimir) , froitas( plátano, mazá, fresa) tostada con aceite de oliva virxen extra.
3-CICLO DE CINE: ALIMENTOS DO MUNDO
Obxectivos: intentar que os alumnos sexan capaces de entender que a boa alimentación e fundamental para o desenvolvemento do seu corpo e mente. Alumnos : alternativa de 4º de ESO.
Contidos: vanse proxectar dúas películas e 1 documental onde a comida e un dos temas principais, a continuación se farán actividades relacionadas cás películas.
1-Super Size Me 2-Como agua para chocolate 3-Un toque de canela
4-PONLLE AS PILAS Ó TEU BOCATA
Os nosos alumnos asistiron a una charla sobre os beneficios dos nosos productos do mar. Despois elaboraron o seu bocata que comeron con moitas ganas no recreo.
Data : 13 de Marzo
Alumnos: primaria
Horario: 10,30-11,30: 1º,2º,3º; 11,30-12,30: 4º,5º,6º
Alimentos: atún, mexilón, sardinilla, leituga, tomate, millo, aceitunas, queixo, cenoria raiada.
5-CHARLA DA ASOCIACIÓN ABAGAL
A prevención de transtornos alimentarios foi un dos temas cos que comenzamos a traballar este proxecto, os nosos alumnos da ESO e de quinto e sexto de primaria estiveron moi atentos e plantexaron moitas preguntas sobre o tema. Máis informació nesta mesma páxina en "OBRADOIRO ABAGAL".
6-DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DO ENTROIDO:
Nais e pais colaboraron con oso centro para elaborar filloas, roscas , orellas … que todos xuntos degustamos o venres de entroido
7-VISITA PRAZA DE ABASTOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Datas: 1º,2º,3º 11 de marzo, 4º,5º,6º 18 de marzo
Antes desta visita os alumnos traballaron a pirámide dos alimentos. Podedes ver fotos e máis información no apartado de "PIRÁMIDE DE ALIMENTOS". Xa na praza percorreron os diferentes postos según o tipo de nutrintes que pode aportar cada alimento (peixe, mariscos, carne ,ovos ,queixo, embutidos ,froitas e verduras). Os nenos o final degustaron unas pezas de froita.
8-CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
Como todos os anos o noso colexio celebrou o magosto no mes de novembro. Castañas, chourizos asados, pan, zumos....e unha pequena caminata ata o bosque.