Pongámonos en su lugar ( 22 cuentos contra el maltrato animal) é o proxecto que levou a cabo o alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua castelá consistiu nunha antoloxía de relatos breves que compuxeron as rapazas e rapaces tras a súa reflexión sobre o dano que os humanos infliximos en ocasións aos animais. Comezamos o proxecto coa lectura de contos relacionados con esta temática e a partir de aí, puxémonos a traballar para crear historias orixinais nas que os protagonistas foron cans abandonados, elefantes capturados ou leóns encerrados en zoos. Con todos os relatos creamos unha recompilación ilustrada que esperamos poida servir para concienciar aos demais compañeiros acerca do coidado e protección dos animais.