Co alumnado de 1º de Primaria elaboramos un abecedario con consellos saudables, mirade no enlace o proceso de elaboración.
Tomade boa nota dos consellos!!
Co alumnado de 1º de Primaria elaboramos un abecedario con consellos saudables, mirade no enlace o proceso de elaboración.
Tomade boa nota dos consellos!!
No seguinte enlace podedes ver os beneficios que nos aporta unha boa camiñata diaria.
Tomade nota!!
Xa está accesible a nova web de Galicia Saudable, onde podedes atopar recursos (guías, cartelería, obradoiros, libros, etc), experiencias realizadas en Galicia e outros documentos de interese para o fomento dunha actividade física de calidade orientada á saúde.
Esperamos que sexa do voso agrado e sobre todo, que sexa útil.
A dirección de acceso é: http://galiciasaudable.xunta.gal/
Déixovos un novo enlace dunha nova publicada en La Voz de la Escuela no que se comenta a importancia de transmitir aos nos@s fill@s os valores positivos asociados ao deporte (benestar físico e psíquico, constancia, esforzo, traballo en equipo,...).
Comparto convosco un enlace dunha nova publicada hoxe en A Voz de Galicia no que podemos ver os beneficios da práctica habitual do deporte. Lede a nova e.... A PRACTICAAAAAAAAR!!!
Deixo o enlace para ver a nova publicada no blog de 1º de Primaria.
Agora a practicar coa hixiene diaria!!
O mércores 9 de decembro estiveron connosco Sofía, Noelia e Eva, odontólogas na clínica dental MARES. Despois dunha charla na que nos explicaron as diferentes pezas dentais e para que serve cada unha, a historia dos cepillos dentais, os alimentos que debemos tomar se queremos ter os dentes sans,... fixemos unha práctica individual sobre hixiene bucodental, na que nos explicaron moi ben a técnica para realizar o cepillado.
Ademáis agasalláronnos cun estoxo para a hixiene para cada un de nós!!
Agradecemos á clínica dental MARES a súa visita e os seus consellos!!
@s alumn@s de 5º e 6º, coas medicións de talla e peso de cursos anteriores elaboramos a nosa escala de crecemento para ver en que percentil nos situamos.
Na casa temos un libro de saúde que podemos consultar coa axuda da familia para ver a nosa evolución desde bebés.
Animádevos!!!
Ao longo desta semana estamos a pesarnos, medir a altura e o perímetro de cintura e cadeira.
Se picas no enlace poderás ver os protocolos e informarte sobre o proxecto.
Ao longo da semana traballamos coa pirámide e coa nova roda dos alimentos:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |