O venres día 21 de xuño, como remate do curso e tal e como se vén facendo no noso centro, celebramos a Xornada de Portas Abertas recibindo a toda a comunidade educativa e expoñendo os proxectos realizados ao longo do curso que seguen unha mesma temática anual ( este curso foi sobre o cine).
Foi unha mañán completa e chea de actividades tales como proxeccións, traballos de tecnoloxía e plástica, murais e decorados de cine, xogos e poemas, campañas contra o maltrato animal, testemuñas sobre a guerra.....Aquí vos presentamos o resumo e as galerías de fotos:
VIDAS DE PELÍCULA
Traballo onde se recolleron as testemuñas de familiares do alumnado sobre a época da guerra civil. Os audios foron presentados na aula de informática.
DECORADOS DE PELÍCULA
Marabillosos decorados realizados por diferentes cursos
TRABALLOS DOS MÁIS PEQUENOS
Proxectos realizados polo alumnado de 1º e 2º de EP con códigos QR, curtametraxes inventadas, contos de cinema, lapbook sobre películas de mascotas....
CANTO SABES DE CINE?
Xogo de preguntas realizado polo alumnado de 6º de primaria
PASAPALABRA DE CINE EN GALEGO
Rosco ideado por alumnado de 1º de ESO con preguntas sobre o cine con diferentes niveis adaptados a todas as idades
CINEPOEMAS
Poemas elaborados por alumnado de 2º e 3º de ESO en lingua galega que inclúen frases famosas de películas
PLAN PROXECTA: PROTEXE AOS ANIMAIS
Campañas e murais realizados por alumnado de 1º e 4º de ESO e de 5º e 6º de EP sobre as necesidades dos animais de compañía e contra o maltrato animal
CREACIÓNS E XÉNEROS DE CINE
Traballo realizado por alumnado de 6º de EP sobre xéneros de cine e creacións famosas do cine internacional
PROXECCIÓNS
Diversas proxeccións levadas a cabo por diferentes departamentos ( inglés de primaria, inglés de secundaria, música..)
O MESTRE MATEO DE DODRO
Proxecto elaborado polo alumnado de 4º de EP sobre os premios Mestre Mateo e explicación oral sobre o mesmo.........
..........e xogos de mesa relacionados co tema do cine
PROXECTOS DE 4º DE EP
Proxectos realizados ao longo do curso sobre naturais, tecnoloxía, sociais, presentacións en Power Point...
TRABALLOS DE TECNOLOXÍA
Maquetas realizadas polo alumnado de 2º , 3º e 4º de ESO na materia de tecnoloxía..tamén sobre a temática do cine
MURAL DE PLÁSTICA E CÓMICS
Mural realizado polo alumnado de plástica de 4º de ESO e cómics e traballos gráficos elaborados polo alumnado de 1º e de 3º de ESO
FRANCÉS
Proxectado de vídeos realizados polo alumnado de Francés de secundaria
TRABALLO DE 3º DE EP
Murais sobre a temática do cine
CONCERTO
Como remate o departamento de música de secundaria deleitounos cun concerto magníficamente interpretado polo alumnado de 2º, 3º e 4º de ESo...e algún que outro profe....