Curso 23-24

Vídeo 3º da ESO

Os alumnos de terceiro da ESO, dentro do proxecto de Centro "Que animalada", crearon o videoclip Que castróns son coa axuda dos profesores de Plástica e Música. 

 

 

Aquí tedes o vídeo

 

Xornada de portas abertas

O pasado día 20 de xuño celebramos a xornada de portas abertas para a presentación dos traballos feitos no proxecto de centro que este ano levou por título: Que animalada!

 

Aquí tendes unha galería de imaxes do Día de Portas Abertas.

 

Aquí tendes fotos e vídeos das actuacións do dia de portas abertas.

 

 Aquí tendes máis fotos da xornada.

E aquí as do proxecto que o alumnado de 1º e 3º de ESO elaborou para a Xornada de Portas Abertas con imaxes e frases de personaxes célebres sobre cans e gatos. Os alumnos e alumnas de 1º fixeron a escolla dos textos e os montaron e o alumnado de 3º colocounas no corredor de secundaria para que os visitantes puideran desfrutar da exposición.

Agardamos que a xornada fose interesante para todos. 

 

Podcast "Bubelas clinásticas" - Falamos da Emerxencia Climática

Podcast "Bubelas clinásticas" - Falamos da Emerxencia Climática
 
Quen non ten escoitado falar da emerxencia climática? No entanto, a información que recibimos non sempre é certeira e baseada na evidencia científica. Por esta razón, as bubelas clinásticas de 4º de EP puxémonos a investigar e nestes podcast intentamos desmontar algúns dos bulos máis comúns sobre este tema pero sempre coa alegría e o humor que nos axudan a enfrentar tan grandes desafíos. Queda ata o final xa que daremos algúns consellos para coidar o medio e á protagonista do noso proxecto de centro: a nosa fauna.
 
I Podcast Bubelas clinásticas- Thiago e Noa https://on.soundcloud.com/1112JzZJq9LxQ2oR9
 
II Podcast Bubelas clinásticas-Karim Moraima e Daniela https://on.soundcloud.com/ZNGSiSWAgksJbJXJ9
 
III Podcast Bubelas clinásticas- Nieves e Nicolás https://on.soundcloud.com/tpYwpacnJiGrV5LZ9
 
IV Podcast Bubelas clinásticas-Mateo e Pablo V. https://on.soundcloud.com/ut67TtgRLfSGKMqh7
 
V Podcast Bubelas clinásticas - Nerea e Sara https://on.soundcloud.com/c4WjSxPz47kgWq2p6
 
VI Podcast Bubelas clinásticas- Pablo A.e Lía https://on.soundcloud.com/7a5bbAEpXJV2ycRk9
 

 

CARTEIS SOBRE O CUIDADO DOS ANIMAIS

O día 30 de maio co alumnado de 4º de ESO la Diapo Fotografía foi a encargada de facer as fotos que se utilizarán para a elaboración dos carteis da campaña de sensibilización sobre a tenencia responsable e o coidado dos animais de compañía. Este curso, o lema da campaña tenta fomentar a adopción de animais adultos para paliar o problema do aumento de abandonos de cans e gatos nesta franxa de idade. Grazas a Sandra, ás profes Susana e Charo, ao alumnado de 4º da ESO participante e, por suposto, ás nosas estrelas de catro patas Otto, Lola, Bengi, Mía e Quisqui. Tamén agradecementos a Manu, o noso gran fotógrafo de La Diapo.

 

No seguinte enlace podedes ver todas as fotos. https://drive.google.com/drive/folders/1B7WzkgO3EAq69S4mO-iI-iC7QSHkKVWm?usp=sharing

 

 

 

Excursión de sexto

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º EP (CURSO 2023-2024)

Durante os pasados días 6, 7 e 8 de maio o alumnado de 6º de Educación Primaria xunto co alumnado de 6º do CEIP Pumar Urdilde de  Rois desfrutamos dunha excursión de fin de etapa conxunta en terras do Eume. 

Todo comezaba en Alvarella Ecoturismo https://www.alvarella.com, situado no concello de Vilarmaior, moi preto de Pontedeume, onde nos aloxamos. Alí tamén realizamos parte das actividades e xogos durante eses tres intensos días.

LUNS 6 DE MAIO DE 2024

Oluns 6 comezou cunha viaxe en autobús ata Alvarella, cunha parada en Urdilde para recoller ós nosos compañeiros/as de viaxe. Nada máis chegar, collimos as bolsas do xantar e emprendimos o camiño ata as Fragas do Eume. Alí puidemos coñecer parte dos tesouros escondidos neste Parque Natural galego. Realizamos parte do percorrido polas rutas do “Camiño da Ventureira” e dos “Camiños dos Encomendeiros”. Descubrimos a antiga central hidroeléctrica da Ventureira, a central hidroeléctrica do Parrote, onde paramos para xantar e atopamos un pequeno estanque con tritóns. 

Cos estómagos cheos continuamos a ruta polas Fragas e chegamos ás ruínas do Muiño Sesín e o Mosteiro de Caaveiro. 

Despois dunhas horas camiñando, regresamos ao autobús para dirixirnos á vila de Pontedeume. Nela realizamos un xogo de preguntas por equipos que tivemos que respostar grazas á axuda dos eumeses/as que iamos atopando pola rúa. Ademais, tamén aproveitamos para facer as compras dos recordos e algunha que outra lambonada nas tendas locais. 

Algo cansos logo desta xornada intensa, regresamos a Alvarella. Trala organización e distribución das habitacións e dun chisco de tempo libre dirixímonos ó comedor para gozar da cea. Finalmente rematamos a xornada cunha velada, composta de actividades de presentación e o xogo de “Atrapa a bandeira”. 

MARTES 7 DE MAIO DE 2024

Comezamos a xornada almorzando todos xuntos/as no comedor e cun pouco de tempo libre antes das actividades dirixidas. Algunhas persoas aproveitaron para xogar no parque ou ao fútbol e outras adicaron o tempo a construír cabanas con troncos e follas que atopaban polo bosque. 

Nesta ocasión, a primeira actividade foi un obradoiro de estampación de camisetas. Para realizalo tivemos que recoller previamente diversidade de follas polo bosque e logo pintalas.  Saíron deseños moi orixinais!

Ademais, antes do xantar realizamos un xogo de orientación polo bosque de Alvarella e pola tarde unha actividade de orienta-aventura polos seus arredores. Durante a actividade da tarde tivemos que atopar unhas pistas, que se atopaban moi ben agochadas, grazas á axuda dun mapa. Cada unha desas pistas permitíanos afrontar  a unha serie de probas e retos cos que iamos sumando puntos para o equipo. 

Unha vez rematada a actividade regresamos a Alvarella. Coma sempre tivemos un chisco de tempo libre e outro para organizar habitacións, maletas e a xestión das duchas en cada unha das habitacións. Nesta ocasión despois da cea xogamos ó escondite ó revés e sardiñas en lata. 

MÉRCORES 8 DE MAIO DE 2024

Chegou o último día, a verdade é que pasou voando! Nesta ocasión deixamos as habitacións ben recollidas e os sacos gardados e almorzamos xuntos/as no comedor. Despois, subimos ao bus para dirixirnos á vila de Pontedeume a gozar dunha mañá de piragüismo polo río Eume.  Organizámonos en parellas e baixamos ó río, alí fixemos diversos xogos e carreiras e chegamos ata a praia de Cabanas. Foi unha mañá intensa de remo! Despois, preparámonos de novo para coller o autobús e regresar a Alvarella onde tiñamos o xantar antes de emprender a viaxe de regreso ós colexios de orixe. Nesta ocasión deixamos ó alumnado de Urdilde no seu colexio e continuamos ata Dodro. 

 Aquí podedes ver todas as fotos.  

https://drive.google.com/drive/folders/18t2-W6P-P5f34yjkZJQ7KmEWpqT90bIj?usp=sharing

 

VII CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA, QUE ANIMALADA! CURSO 2023-2024

O luns 13 de maio entregáronse os premmios do VI Concurso de Poesía Matemática, coa temática ” Que animalada!".   O alumnado gañadoré o seguinte:

1º PREMIO “A miña Lúa” de Carmen Laíño 1º ESO B

2º PREMIO “A parábola do caracol ” de Saleta Rivo 3º ESO

3º PREMIO son dous:

“ Nesta operación sempre mellor sumar “ de Ana Romero 3º ESO

“ Animales Matemáticos” de Claudia Lorenzo 1º ESO B

Parabéns chicas polo voso traballo e grazas a todo o alumnado por participar!!!

 

Aquí podedes ver todas as fotos 

Conto "Animais"

O alumnado de 1º de Primaria interpretou o conto titulado "Animais" en Lingua de Signos (LSE) e Pictogramas. Esta é a ligazón co vídeo https://drive.google.com/file/d/1XGtPN73XYl2Hf0mM9iZNrLqLFH_PKqMk/view?usp=sharing
 
Día 2 de abril da Concienciación do Autismo.
Co motivo da celebración do Día da Concienciación do Autismo o Departamento de Orientación traballou co alumnado de Primaria unha serie de actividades sobre dito Trastorno, como lectura de contos relacionados, debate e mural sobre a temática. Tamén fixemos unha foto de grupo facendo o símbolo coas mans.
 
Aquí podedes ver todas as fotos.
 
 
 
 

XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN. CURSO 2023-2024

Un ano máis celebramos no noso centro o concurso de fotografía matemática, nesta ocasión coa temática dos animais.

 As persoas ganadoras do XI Concurso de Fotografía Matemática son:

 

Þ   1º PREMIO: “Ga-liña quebrada” Leo Brea Mene 1º ESO B

Þ   2º PREMIO: “Cambio de magnitudes” Xoana Rodríguez Lestido 2º ESO

Þ   3º PREMIO: “Confluencia de semicírculos” Manuel Boullón Pérez 4º ESO 

Aquí tedes o word cos gañadores

E aquí todas as fotos do concurso

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa participación e ata o próximo curso!

 

Powered by Drupal - Design by artinet