Indo para o Samaín
5º de Primaria transformou ao alumnado en auténticos actores e actrices para dar vida a Indo para o Samaín. Unha peza teatral creada especialmente para celebrar esta época máxica.
En 7 escenas dun único acto o alumnado asumiu un ou varios papeis mergullándose de cheo no mundo da interpretación e dando voz a mazarocas, cabazas, follas, castiñeiros… e tamén a persoas.
Para preparar esta representación o grupo traballou intensamente nos diálogos e na creación dos debuxos para unha obra chea de cor e maxia.
A obra foi gravada cun fondo croma para transportarche ao mundo do Samaín creando unha experiencia visual completa.
Agardamos seguir compartindo novas creacións que nos acheguen ao fascinante mundo da interpretación e do teatro.