Terceiro Ciclo

RECIBIMENTO DE ENTROIDO

Cun recibimento coma este da gusto volver ao cole:

 

Moitas grazas chico/as, eu tamén vos quero un montón!!

 E como manda o Entroido viñemos todos de pixama e claro, quedámonos a durmir!

 

Pero foi só un pouquiño, axiña espertamos e puxémonos a traballar:

 

Agardámosvos mañá no día grande do Entroido!!

 

 

Exame de lingua.

O exame de lingua dos temas 4 e 5 será o mércores 26 de febreiro de 2014

POEMAS, POEMAS,...

 

     

 

Este é o aspecto que presenta o noso recuncho das poesías, xa non nos caben máis! pero continuaremos creando na nosa libreta.

A semana que vén empezaremos un novo proxecto: A árbore dos contos. Xa vos iremos amosando...

XOGAMOS COA POESÍA

Hoxe, mércores 15 de xaneiro, veu á nosa aula Carlos Negro, mestre de Literatura galega no noso CPI e poeta. Veu para falarnos de poesía. 

Contounos o conto de Frederick  (se o queredes volver a ler  témolo na biblioteca do centro). Leunos varios poemas e ensinounos moitos libros.

Tamén nos axudou a crear poemas xogando coas palabras e cos sons, e animounos a escribir poesía.

Pasamos un rato moi agradable e aprendemos unha chea de cousas sobre este tema.

Moitas grazas, Carlos, pola túa visita!

 

 

ANDA

Hoxe luns 13 de xaneiro veu ao noso cole Alberto Díez, presidente de ANDA (Asociación Nacional pola Defensa dos Animais) para ofrecernos unha charla ao alumnado do 3º ciclo de Primaria sobre o coidado dos animais.  Falounos sobre as diferenzas entre animais salvaxes e domésticos, dos problemas de ter animais exóticos como mascotas e dos perigos que as especies invasoras poden presentar para a natureza.

Falounos tamén sobre as necesidades dos cans como animais de compañía e sobre os coidados que requiren.

Explicounos a regra do A, E, I , lembrades?

Adoptar, Esterilizar, Identificar.

E deixounos claro que, ante calquera dúbida, o mellor é non ter mascota.

Mirade un par de fotos feitas en distintos momentos da sesión.

   

A NOSA ÁRBORE

Un elefante, un corazón, unha araña, un reno, un caracol,o arco da vella, unha pranta de aloe vera, un ratiño... cada deseño é unha poesía.

Mirade como se enriquece, día a día, a nosa árbore das poesías.

 

 

Desde esta páxina o/as profes e alumno/as de 5º desexámosvos a todo/as un nadal poético.

BOAS FESTAS!

POEMAS

Aínda que estamos no outono á nosa árbore estanlle abrochando moitas folliñas novas. Cada unha delas é un poema, un sentimento, unha experiencia...

 

Seguimos agardando...

REPARTO DE MASCOTAS

Velaquí o alumnado de 5º, cada quen coa súa mascota.

 

Axudáronnos moito a debuxar, redactar e a presentar os escritos limpos e curiosos.

Cóidadeas ben!!

O NADAL NA PORTA DE 5º!!!

Xa chegou o Nadal a aula de 5º!!!

Co esforzo de todos os nenos e nenas da clase decoramos a nosa porta para disfrutala nós e todos os da escola. Esperamos que vos guste!

 

HÁBITOS DE ESTUDO

Despois da visita dos membros da Fundación C.J.Cela veu Leticia, a orientadora do centro, para facer connosco un bingo sobre os hábitos de estudo.

Ademáis de pasalo ben lembramos unha chea de consellos para aplicar na hora de estudo.

 

 

Agora é o momento de poñelos en práctica. A que esperades?

Powered by Drupal - Design by artinet