Excelencia 22-23

TRABALLOS DE 4º DE ESO PARA O CENTRO DE DÍA

 

 

O alumnado de 4º de ESO, en consonancia co proxecto de centro do presente curso 22-23, realizou unha serie de actividades para os ususarios do Centro de Día do concello.

Estes traballos foron elaborados, principalmente,  con material de regugallo e consistiron na creación dun calendario de orientación

 

 

un dado para realizar actividadees lúdicas

 

uns  soportes para os bastóns 

  

e varios atrís para favorecer e facer máis cómoda a lectura 

 

Tamén tentaron facilitarlles  unhas agarradeiras para cubertos de cociña pero resultaron ter  unha sección algo grande.....

 

 GALERÍA DE FOTOS

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA INTERXERANDO 2023

Os gañadores do X Concurso de Fotografía Matemática do curso 2022-2023 (Interxerando) son:

  • 1º PREMIO: “Vórtice xeracional”.Xián Rial Figueira, 4º  
  • 2º PREMIO:“Simetría ancestral” . Manuel Boullón Pérez 3º         
  • 3º PREMIO: “Escala familiar” Mateo Tourís Abuín 2º 

 

Parabéns aos premiados.

Aquí tedes todas as fotos presentadas.

Curso de poda e enxertos.

O luns 27 de febreiro os alumnos da ESO tiveron un curso de poda e enxertos nas árbores o alumnado plantou en anos anteriores. O curso foi impartido, un ano máis, por Afonso, ao que agradecemos enormemente a súa axuda, sapiencia e bo facer. 

 
 
 

ALUMNADO DE 4º CO CENTRO DE DÍA

 

Dentro do programa CPInnova de Contratos Programa, o alumnado de 4º de ESO está a elaborar unha serie de útiles para os usuarios do Centro de Día  do concello de Dodro. Trátase de elementos como soportes para os bastóns, atrís para libros, aumentadores do mango dos cubertos de cociña, dado grande, calendario de orientación e outros relacionados coas actividades de ocio dos maiores.

Iremos actualizando a medida que vaiamos construíndo...


4º ESO EXCELENCIA

Este curso participamos en Contratos Programa de novo coa actuación, entre outras, de Eduexcelencia.

O alumnado de 4º de ESO colocou estanterías para a biblioteca de pais e nais. 

Esperamos que con esta pequena reforma as familias teñan a oportunidade de levar libros de empréstito e fomentar a lectura entre a  comunidade educativa.

 

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet