Coa conmemoración do 25N, o Concello de Dodro artellou a creación do "Xardín Dos Valores". Para tal fin, plantáronse árbores en diferentes puntos do concello ( nas unitarias, no CPI...).
No noso centro plantaron, axudados e animados polo alumnado de primaria, un fermoso Ginkgo Biloba no que colgaron a palabra "Fortaleza", fortaleza coa que crecerá e fomentará valores de igualdade de xénero.